FONDO

lunes, 24 de marzo de 2014

PROXECTO DE ARTE



NESTA OCASIÓN, SON AS NENAS E OS NENOS DE 4 ANOS OS QUE NOS AMOSAN OS SEUS TRABALLIÑOS.

AO IGUAL QUE O RESTO DA ESCOLA, NESTE SEGUNDO TRIMESTRE CONVERTÉRONSE EN PINTORAS E PINTORES GALEGOS; COÑECENDO AS FIGURAS E OBRAS  DE LUGRIS E MENCHU LAMAS.

ASÍ A TRAVÉS DELES, DESCUBRIRON DIFERENTES TÉCNICAS PICTÓRICAS , ,MÚSICA E ASPECTOS PROPIOS DA NOSA CULTURA.

AQUÍ VOS MOSTRAMOS UNHA PIZQUIÑA DO SEU MINUCIOSO TRABALLO (COMO BUSCAN INFORMACIÓN, SITÚAN NOS MAPAS OS SEUS RESPECTIVOS POBOS DE NACEMENTO...) E DAS SÚAS FERMOSAS PRODUCCIÓNS.


20 RAZÓNS POLAS QUE TRABALLAR A ARTE NA ESCOLA

1. A arte estimula ambos lados do cerebro.
2. O 33% dos nenos son aprendices visuais.
3. Numerosos estudios afirman que os nenos que fan arte len mellor.
4. Os nenos aprenden usando os seus sentidos e a arte é ideal neste proceso.
5. Os nenos necesitan un lugar na escola para expresarse.
6. A arte promove a autoestima.
7. A arte estimula aos nenos a prestar máis atención ao espacio físico que lles rodea.
8. Estimula a coordinación entre os ollos e as mans.
9. Estimula o desenvolvemento perceptivo.
10. Ensina a pensar deixando finais abertos. Representa unha cultura de preguntas máis ca unha cultura de respostas.
11. Ensínanos que pode haber máis dunha solución para un problema.
12. Ensina a pensar creativamente.
13. Os nenos poden compartir e reflexionar sobre os seus traballos artísticos e aprender algo de sí mesmos e do mundo no que viven.
14. Cando a arte está integrada a outras materias do programa escolar os nenos/as se implícanse máis no proceso de aprendizaxe, porque é algo que lles gusta.
15. No proceso de facer arte, o nenos/a está exposto a diferentes posibilidades, ao descubrimento, e a la liberdade, de esta maneira evítase caer no control e predictibililidade que tanto impera na educación convenciona.
16. A arte nutre a alma humana.
17. Extrapola recursos culturais da comunidade á aula.
18. Posibilita que as familias se involucren na escola invitándoas a participar en diversas actividades.
19. Proporciona un medio, un piso en común para atravesar estereotipos raciais, barreiras e prexuízos.
20. A arte é valiosa por sí misma.


"Que sería da vida se non tiveramos o valor de intentar algo?."

Vincent Van Gogh: 

No hay comentarios:

Publicar un comentario