FONDO

lunes, 20 de abril de 2015

OS VENRES SON ESPECIAIS...


Na nosa escola, cada curso comeza cheo de novos retos e propostas que enriquecerán o noso día día.

No caso concreto deste ano,  decidimos poñer en marcha o que chamamos 

" OS OBRADOIROS DA MAN AMIGA"

 Aquí incluimos todas aquelas experiencias basadas na pérdida total da idea de aula, concebida ésta como espazo de exclusivo uso, por un grupo de nenas/os co seu profesor/a de referencia. O alumnado reestructurado en pequenos grupos, vai rotando polos obradoiros ao longo da xornada escolar segundo un horario establecido. As mestras/os estamos especializadas/os cada un/unha nun taller sendo o alumnado o que cambia dun a outro. 

DESTE XEITO...

  Logramos un continuum de espazos globais e unitarios, dispoñendo  dun marco diferente para cada tipo de actividades.

  Existe unha ilusión e un ánimo de mellora no alumnado, un constante traballo en equipo así como o fomento do hábito de autocontrol de todos os membros.

  As ideas que aporta cada membro do equipo pedagóxico non serven únicamente para enriquecer a súa  aula, senon para beneficio de todos/as. Trátase dun grupo de personas xerando ideas e melloras concentradas nun obxetivo común: os obradoiros

  Profunda reestructuración organizativa e funcional de todo o centro, que condiciona as súas actitudes provocando a curiosidade e o "querer facer", evitando asi caer  na monotonía.

Aqui vos deixamos unha pequena mostra do noso quefacer...

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox

Compartimos tamén estes enlaces de onde podedes extraer máis ideas...