FONDO

viernes, 15 de abril de 2016

AVISO IMPORTANTE

BENQUERIDOS/AS SEGUIDORES/AS DESTE BLOGUE!

  INFORMÁMOSVOS DE QUE MUDAMOS A PÁXINA WEB DA NOSA ESCOLA; ANIMÁDEVOS A VISITALA!



   Coñecido é por todos/as que os tempos están cambiando, e con eles os intereses e necesidades de cada persoa, familia, entidade...a prol de poder ofrecer unha resposta máis axustada a estas novas demandas emerxentes  e grazas a colaboración dunha familia amiga do cole, arrancamos este mes cunha nova páxina web da escola que recolle a nosa imaxe renovada e reflicte o noso proxecto educativo. Animámoslles a que a visiten, e inviten aos seus familiares e amigos/as a que fagan o mesmo.

   Estreamos tamén de facebook e twitter para ir colgando o noso traballo e as novidades que vaian xurdindo; sempre respetando a lei de protección de datos (Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal).

  Nembargantes este blogue quedará aberto para que poidan ver as cousiñas relativas a outros cursos pasados. 


Moitas grazas por seguirnos en blogger 

todos estes anos!

jueves, 3 de marzo de 2016

COÑECENDO O NOSO CENTRO...


XORNADA DE PORTAS ABERTAS


   O PASADO 1 DE MARZO, CELEBRAMOS XUNTO CON PEPE (DIRECTOR DO CENTRO PÚBLICO ADSCRITO DE EDUCACIÓN PRIMARIA "CELSO EMILIO FERREIRO") A XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA COÑECER OS NOSOS CENTROS. 

FOI TODO UN ÉXITO DE AFORO!

  DURANTE ESTES DÍAS SEGUIMOS RECIBINDO VISITAS; SE ALGUNHA PERSOA ESTÁ INTERESADA EN COÑECERNOS, NON DUBIDE EN POÑERSE EN CONTACTO CON NÓS PARA CONCRETAR DATA E HORARIO;  TELÉFONO 986 20 27 17 OU A TRAVÉS DO NOSO CORREO ELECTRÓNICO: eei.cristo.victoria@edu.xunta.es

   ENTREMENTRES...DEIXÁMOSLLES UN APERITIVO PARA QUE POIDAN IR COÑECÉNONOS UN POUQUIÑO MÁIS...


video

 ESPERAMOS VERLLES PRONTO!

miércoles, 2 de marzo de 2016

ENTROIDO 2016

UN ENTROIDO CHEÍÑO DE EMOCIÓNS...

O PASADO MES DE FEBREIRO ADICÁMOLO AO NOSO QUERIDÍÍIÍÍSIMO ENTROIDO:

TEMPO DE APRENDER XOGANDO MENTRES REPRESENTAMOS OUTROS ROLES, OUTRAS PERSONAXES, OUTRAS IDENTIDADES...A TRAVÉS DOS DISFRACES E DO QUE ESTES REPRESENTAN, ENSAIAMOS DIFERENTES PAPEIS, SENTIMENTOS...E VEMOS O MUNDO DESDE OUTROS PUNTOS DE VISTA.

...ESTE ANO, CHEGOU CARGADIÑO DE EMOCIÓNS...

CHEGOU O ENTROIDO, CHEO DE EMOCIÓN
PREPARAMOS OS DISFRACES...
ESPÉRANOS UN FESTÓN!

ENOXADA OU RELAXADA?
CONTENTO OU TRISTÓN?
FARÉMOLLES CASO AO QUE NOS DIGA O EMOTIFÓN...

OLLADE O MOITO QUE O DESFRUTAMOS!

video


miércoles, 17 de febrero de 2016

A SEGURIDADE É MOI IMPORTANTE...

HOXE QUERIAMOS CONTARVOS QUE O PASADO LUNS FIXEMOS NA NOSA ESCOLA UN SIMULACRO DE EVACUACIÓN PARA CASOS DE EMERXENCIA.



XA QUE DESDE O CENTRO ESTAMOS A TRABALLAR NA REMODELACIÓN DO PLAN DE AUTOPROTECCIÓN DO CENTRO:INSTALACIÓN DE SINAIS AUDITIVOS E VISUAIS PARA CASOS DE EMERXENCIA, REALIZACIÓN DE SIMULACROS...

ADEMÁIS, NO MARCO DESTA RENOVACIÓN, RECIBIMOS A VISITA DE PACO ÁLVAREZ; ENFERMEIRO ESPECIALIZADO EN SAÚDE LABORAL E TÉCNICO DE PREVENCIÓN DE RISCOS; QUE NOS DEU UNHA CHARLA AO PROFESORADO SOBRE PRIMEIROS AUXILIOS EN EDUCACIÓN INFANTIL; CUESTIÓN QUE CONSIDERAMOS DE VITAL IMPORTANCIA NA NOSA PROFESIÓN E...PARA A NOSA VIDA.

GRAZAS PACO!




Próximamente comezaremos a realizar nas aulas obradoiros de primeiros auxilios para o noso alumnado;

 entrementres deixámoslles para os maiores este video co que Paco finalizou a súa charla, e que cremos que de xeito divertido fará que lembremos...


lunes, 1 de febrero de 2016

NA EEI CRISTO DA VICTORIA PENSAMOS QUE ANTES DE PODER CONSEGUIR A PAZ MUNDIAL, DEBEMOS CONSEGUIR A PAZ NAS GUERRAS DAS NOSAS PROPIAS RÚAS...

É POR ISO QUE TRABALLAMOS POR ELA NA NOSA ESCOLA: NAS NOSAS AULAS, NAS DOS COMPAÑEIROS/AS, NO NOSO PATIO... 


E FÓRA DOS NOSOS MUROS:  NO NOSO BARRIO, COS NOSOS VECIÑOS/AS, NA NOSA CIDADE...
(PREME NAS IMAXES PARA VELAS MÁIS GRANDES)





COMPARTINDO MOMENTOS E ADICANDO TEMPO A COÑECER AOS QUE TEMOS AO NOSO LADO E APENAS NOS DAMOS CONTA...

"ENCONTROS DA PAZ CON 
SAN FRANCISCO" TELEXORNAL TVG

(poderás ver o video pinchando no enlace)
VISITANDO LUGARES AOS QUE ESTAMOS UNIDOS POR PERSOAS...

"ASPANAEX, A OUTRA ESCOLA DO NOSO AMIGO MIGUEL"





MOITAS GRAZAS A TODOS/AS OS/AS QUE NOS AXUDADES A CONSEGUILA DÍA A DÍA E MOITA FORZA PARA CONTINUAR...

miércoles, 23 de diciembre de 2015


É TEMPO DE NADAL! E CON ÉL DE CHOCOLATE...

A NOSA ESCOLA ENCHEUSE DE CASIÑAS, CALENDARIOS DE ADVENTO, ÁRBORES, ESCULTURAS...

CON TODA A NOSA "ARTE" DESEXÁMOSLLES...

O NADAL MÁIS DOCE DO MUNDO




MOITAS GRAZAS POR COLABORAR, CADA ANO UNHA EXPOSICIÓN COA AXUDA DAS FAMILIAS, CADA ANO DIFERENTE...

ADEMÁIS, XUNTOS CELEBRAMOS O NOSO TRADICIONAL CONCERTO EN FAMILIA
video






COMO AGASALLO DA ANPA  DESFRUTAMOS DO CONTACONTOS 
"A XOANIÑA E O APALPADOR"
VISITOUNOS O APALPADOR QUE CHEGOU DESDE O COUREL

PARA DESPEDIRNOS, XUNTOS/AS DESFRUTAMOS NO COMEDOR DUNHA RIQUÍSIMA MERENDOLA NAVIDEÑA




TAMÉN COLABORAMOS CO BANCO DE ALIMENTOS DE VIGO PARA QUE NINGUNHA FAMILIA QUEDASE SEN COMIDA NESTAS FESTAS
...
 DESEXÁMOSVOS PARA ESTAS FESTAS MOITÍSIMA SAÚDE E QUE SEXADES MOI MOI MOI FELICES

CANCIÓNS PARA DESFRUTAR EN FAMILIA





A REPOÑER FORZAS E ...
VÉMONOS O 7 DE XANEIRO!

miércoles, 25 de noviembre de 2015

CONTINUAMOS DISFRUTANDO COAS NOSAS FESTAS E TRADICIÓNS GALEGAS...


A CASTAÑA NA LAREIRA
A CASTAÑA NA LAREIRA FIXO PUM! E REBENTOU
AI! POBRIÑA DA CASTAÑA 
AI! POBRIÑA DA CASTAÑA 
VAIA GOLPIÑO LEVOU...


DE QUE 2º FESTA GALEGA DESTE ANO PODEMOS ESTAR A FALAR?...DÁDELLE AO PLAY...


DEIXÁMOSVOS TAMÉN ESTE PEQUENO AGASALLO EN FORMA DE RESUMO ELABORADO POR NÓS PARA QUE POIDADES LEMBRAR AS CARACTERÍSTICAS PRINCIPAIS DESTA FESTA

(SE PINCHADES NAS IMAXES PODERÉDELAS VER MÁIS GRANDES)








AGRADECEMOS A ANTONIO, O NOSO CONSERXE, TODA A AXUDA EMPRESTADA PARA DISFRUTAR DO NOSO MAGOSTO; AO IGUAL QUE ÁS FAMILIAS QUE VIÑERON BOTAR UNHA MAN, AOS MEMBROS DA ANPA E OUTROS COLABORADORES QUE SEMPRE ESTÁN PRESENTES PARA TODO

AGARDAMOS CON ILUSIÓN A VINDEIRA CELEBRACIÓN, QUE XA VOS ADIANTAMOS QUE SERÁ MOI... "DOCE"...