FONDO

domingo, 28 de octubre de 2012

...CONTA ATRÁS, MEIGA SUBE Á VASOIRA!!!

    ...xa queda menos para a nosa "FESTA DO SAMAIN" e inda que pasamos medo pola oscuridade e personaxes que acompañan todo o recorrido é unha das datas estrela do noso calendario.
     Conta atrás, tres, dous, un...
         nun bosque tenebroso nos imos atopar!!!!!!


      Queredes saber onde nace esta tradición ????


   Os celtas dividian o ano en dous partes, mitade oscura que comenzaba en outubro, e a mitade clara, no mes de abril. O momento de transición entre ambas épocas chámase en gaélico Samhain (samain en galego) que significa fin do verán. A noite do 31 de outubro ó 1 de novembro celébrase a festa que pon fin a colleita, ó comenzo do novo ano celta.
  Durante ó samain producíase unha comunicación cos ánimas dos difuntos que durante esa noite podian regresar ó mundo dos vivos. A sua vez a xente tiña a oportunidade de reunirse cos seus antepasados. Para facilitarlles o camino de volta encendíanse fogueiras nos cruce de camiños para guialos coa luz, de ahí a lenda da santa compaña. Para escorrentar ós malos espíritus, deixábase comida ás portas dos fogares, de ahí a tradición actual d que a cativada pida doces e chuches.
  A igrexa apropiouse desta celebración pagana, dándolle o nome de tódolos santos.
  En Estados Unidos, halloween, en Galiza como en Irlanda, samaín. En lugares como Foz, Cedeira (costa de Lugo) é famoso o samain, en Ribadavia (Ourense) celebran " A Noite Meiga" o pobo énchese de pantasmas, vampiros e meigas e no castillo se construye un pasadizo do terror e polas ruas e a praza maior se fai un recorrido das ánimas e santa compaña.
  Dende a nosa escola facemos a nosa pequena aportación, para que non queden no olvido tradicións do noso pobo.
   Trasnos,e confetis, moscas choscas e formigas silenciosas, participaremos en obradoiros de calacús  e argallaremos conxuros para preparar unha pócima máxica que deixe os nosos medos fora!!!


 Non esquezades sorprendernos con vestimenta que de medo e a par cómoda, botade man da vosa creatividade, non fai falla gastar os cartos.
   Aviso para familias novatas, nas aulas teremos merendas terroríficas e noxentas, podedes ollar a publicación do curso pasado para facervos unha idea.




miércoles, 3 de octubre de 2012

...UNA APORTACIÓN FAMILIAR!!!



HOLA FAMILIAS, HOLA PROFES,
SOMOS LOS PADRES DE MALENA, QUE ACABA DE INCORPORARSE  AL COLE
Y QUERIAMOS COMPARTIR EL ENLACE DE ESTA PELI SOBRE EDUCACION,
 " LA EDUCACIÓN PROHIBIDA", MUY  INTERESANTE PARA DEBATIR,
REFLEXIONAR Y SEGUIR BUSCANDO LA MEJOR MANERA DE EDUCAR A NUESTROS NIÑ@S.

UN SALUDO Y MUCHO ÁNIMO

           http://www.youtube.com/watch?v=-1Y9OqSJKCc

También se puede ver en youtube con  el título de la película