FONDO

viernes, 7 de marzo de 2014


     O “ NOSO  ENTROIDO 2014” ESTIVO CHEO DE CORES, DE PINCEIS, DE PALETAS DE PINTURA, RISAS,  SORPRESAS,  E MÚSICA.
     TODOLAS NENAS E NENOS ELABORAMOS O NOSO DISFRAZ PINTANDO  UNHAS  CAMISETAS RECICLADAS  CON DEBUXOS E CORES DE PINTORES E  PINTORAS GALEGAS,  DO NOSO PROXECTO DE ARTE.
    A IDEA ERA RECICLAR, REUTILIZAR, RECREAR, POLO QUE PARA FACER  O NOSO DISFRAZ, NADA TIVEMOS QUE MERCAR.
   “DON BOTE”,  O NOSO MECO  FOINOS  AXUDANDO A COMPLETAR O DISFRAZ MANDÁNDONOS AS SÚAS ORDES:
·        FACER UN PINCEL, CON LÁ E CARTÓN,
·         DECORAR UNHA GORRA OU GORRO, DE PINTOR  OU PINTORA
·   PARA REMATAR ELABORAMOS  COA AXUDA DA NOSA FAMILIA UNHA PALETA, COS CORES DO “ARCO DA VELLA”.
   O DÍA DA “FESTA DO ENTROIDO” DESFILAMOS XUNTOS POLA ESCOLA, BAILAMOS E DESFRUTAMOS CO NOSOS  DISFRACES  PINTANDO DE CORES  O “ARCO DE VELLA” QUE ESTABA NO CEO.
   COAS XENEROSAS APORTACIÓNS DAS NOSA FAMILIAS A “MERENDA  DO ENTROIDO” ESTIVO CHEA  DE ORELLAS, FILLOAS  E OUTRAS GALDRUMADAS CASEIRAS DA ÉPOCA.
¡¡¡ QUE BOAS ESTABAN, COMEMOS A FARTAR !!!
     Os amigos e amigas do CEP Celso Emilio nos invitaron a participar na súa festa do entroido, fomos desfilando ata a súa festa  e compartimos con todos a nosa cantiga do “ARCO DA VELLA”, un fermoso poema de Manuel Maria que cantaba Suso Vaamonde.
   ¡Gústáronnos moito as súas actuacións e aplaudimos sen parar! Gracias amigos e amigas por invitarnos.
    PARA REMATAR A TROULA, QUEDABA QUEIMAR O MECO “DON BOTE”.
DESPEDÍMOLO NO PATIO DA HERBA CON CANTIGAS E SAÚDOS CHEOS DE LAPAS  E FUME, MOITO FUME DE CORES…

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Picture slideshow personalized with Smilebox
      ¡¡¡ ADEUS DON BOTE, BOA VIAXE POLO VENTO E A CHUVIA
       DESTE FEBREIRO TOLO, QUE NON PARA DE CHOVER !!!

2 comentarios:

  1. Muy buen trabajo.Enhorabuena a todos los profesionales que hacen posible una educación pública de calidad. Es una suerte, para los pequeños que alguien les enseñe el valor de la propia creación, de compartir, etc. Este es, espero, el que será el colegio de mi nieta para el próximo año y ya empiezo a estar orgullosa de él.

    ResponderEliminar
  2. Graciasssssss por tus hermosas palabras amiga Marisa. En unos meses estaremos dando la bienvenida a la nueva camada, con gusto esperamos compartir esos momentos con tu nieta.

    ResponderEliminar