FONDO

lunes, 25 de mayo de 2015

CELEBRANDO...



OS MAIOS , é unha festa popular de oríxenes ancestrais.
Esta celebración primaveral tiña antigamente connotacións rituais á divinidade primaveral.

Chámaselle OS MAIOS tanto á celebración desta festa coma ás representacións que se fan nela.

Ésta consiste en cantar coplas ou diálogos adicados á primavera e ao seu significado dentro da comunidade, ainda que en certos lugares tamén se compoñen coplas criticando ou satirizando a certas persoas o institucións do lugar.

Segundo en que zona de Galicia vivamos, os maios celébranse de diferentes formas:

Maios do Norte de Galicia

De maio fai un neno, que recibe o nome de rei do maio , desfilando coas roupas totalmente cubertas con flores, hiedras, fiuncho, etc.

Nos cantos actúa de solista, mentras os esus acompañantes fan de coro, repetindo a estrofa que él canta.

Maios do Sur de Galicia

Son os máis coñecidos.

Son famosos os de Pontevedra e os de Ourense, pero tamén se celebran en Marín, Vilagarcía de Arousa, Redondela, Caldas de Reis, Allaríz, Valdeorras e Verín.

Emprégase unha estructura con forma cónica que se cubre de fiunche e adórnase con flores. Os asistentes á festa cantan e bailan ao seu redor.

A continuación mostrámosvos a nosa particular

 FESTA DOS MAIOS 2015

para a que contamos coa presenza das familias e a colaboración de APAMP, aos que convidamos con moito gusto a desfrutar da nosa compaña neste día. Ademáis, voluntarios/as do concello leron poemas para o público que despois cada clase cantou e bailou.


OLLADE,OLLADE...




MOITAS GRAZAS A TODOS/AS POR COLABORAR: ANPA CASTELAO, VOLUNTARIOS/AS DO CONCELLO, APAMP, FAMILIAS... 

lunes, 18 de mayo de 2015

UNHA SAIDA EDUCATIVA PARA REPETIR,



   Os grupos de 5 anos ,Peixes e Caracois, tivemos a oportunidade de coñecer unha escola de circo, "CIRCONOVE" en Santiago.

   A experiencia resultou ¡FANTÁSTICA!...coas nosas mans e os nosos pés poidemos coñecer todolos los elementos e personaxes máxicos dun circo: trampolín, trapecio, teas colgantes...... e tivemos a ocasión de sentir e vivir a través do noso corpo unha manchea de sensacións e emocións novas, ollade que ben o pasamos na seguinte montaxe