FONDO

miércoles, 23 de diciembre de 2015


É TEMPO DE NADAL! E CON ÉL DE CHOCOLATE...

A NOSA ESCOLA ENCHEUSE DE CASIÑAS, CALENDARIOS DE ADVENTO, ÁRBORES, ESCULTURAS...

CON TODA A NOSA "ARTE" DESEXÁMOSLLES...

O NADAL MÁIS DOCE DO MUNDO




MOITAS GRAZAS POR COLABORAR, CADA ANO UNHA EXPOSICIÓN COA AXUDA DAS FAMILIAS, CADA ANO DIFERENTE...

ADEMÁIS, XUNTOS CELEBRAMOS O NOSO TRADICIONAL CONCERTO EN FAMILIA






COMO AGASALLO DA ANPA  DESFRUTAMOS DO CONTACONTOS 
"A XOANIÑA E O APALPADOR"
VISITOUNOS O APALPADOR QUE CHEGOU DESDE O COUREL

PARA DESPEDIRNOS, XUNTOS/AS DESFRUTAMOS NO COMEDOR DUNHA RIQUÍSIMA MERENDOLA NAVIDEÑA




TAMÉN COLABORAMOS CO BANCO DE ALIMENTOS DE VIGO PARA QUE NINGUNHA FAMILIA QUEDASE SEN COMIDA NESTAS FESTAS
...
 DESEXÁMOSVOS PARA ESTAS FESTAS MOITÍSIMA SAÚDE E QUE SEXADES MOI MOI MOI FELICES

CANCIÓNS PARA DESFRUTAR EN FAMILIA





A REPOÑER FORZAS E ...
VÉMONOS O 7 DE XANEIRO!

miércoles, 25 de noviembre de 2015

CONTINUAMOS DISFRUTANDO COAS NOSAS FESTAS E TRADICIÓNS GALEGAS...


A CASTAÑA NA LAREIRA
A CASTAÑA NA LAREIRA FIXO PUM! E REBENTOU
AI! POBRIÑA DA CASTAÑA 
AI! POBRIÑA DA CASTAÑA 
VAIA GOLPIÑO LEVOU...


DE QUE 2º FESTA GALEGA DESTE ANO PODEMOS ESTAR A FALAR?...DÁDELLE AO PLAY...


DEIXÁMOSVOS TAMÉN ESTE PEQUENO AGASALLO EN FORMA DE RESUMO ELABORADO POR NÓS PARA QUE POIDADES LEMBRAR AS CARACTERÍSTICAS PRINCIPAIS DESTA FESTA

(SE PINCHADES NAS IMAXES PODERÉDELAS VER MÁIS GRANDES)








AGRADECEMOS A ANTONIO, O NOSO CONSERXE, TODA A AXUDA EMPRESTADA PARA DISFRUTAR DO NOSO MAGOSTO; AO IGUAL QUE ÁS FAMILIAS QUE VIÑERON BOTAR UNHA MAN, AOS MEMBROS DA ANPA E OUTROS COLABORADORES QUE SEMPRE ESTÁN PRESENTES PARA TODO

AGARDAMOS CON ILUSIÓN A VINDEIRA CELEBRACIÓN, QUE XA VOS ADIANTAMOS QUE SERÁ MOI... "DOCE"...

jueves, 5 de noviembre de 2015

HABELAS HAILAS...

---Crea tu texto animado---


   Desde o comezo do mes de outubro, historias de terror sobre MEIGAS encheron as nosas aulas e corredores e empaparon aos nenos e nenas da nosa escola...

Durante días estivéronse preparando para realizar unha visita especial chea de medo...de moito medo... 
a..."CASA DAS MEIGAS "


MEIGA é o nome que se da en Galicia á bruxa ou feiticeira.

Contan as lendas que existen meigas de moitos tipos...


AS FEITICEIRAS: SON AQUELAS QUE FAN FEITIZOS E HIPNOTIZAN AOS NENOS/AS

AS VOLADOIRAS:  VOAN FACENDO PIRUETAS COA SÚA BASOIRA

AS CARTUXEIRAS: BOTAN AS CARTAS E PREDIN O FUTURO

AS ASUMCORDAS: SON MEIGAS ESPÍAS

...

A CASA DAS MEIGAS que visitamos estaba chea de cuartos escuros….  No que cabazas eran as únicas que alumeaban os nosos pasos e os choros das meigas  parecían sair das paredes…. e asustar sen parar...

    No percorrido atravesamos complicados pasadizos de teas de araña, atravesamos a habitación de convidados (cheíño dos seus amigos/as que nos asustaban sen descanso), ecoitamos atentos/as historias de meigas, axudámoslle a unha a atopar no trasteiro o seu gorro, gato negro, vasoira e chaves e.... para celebralo bailamos na súa  marchosa e especial  discoteca.

     Visita guiada, na que perdian os medos pouco a pouco polas súas dependencias...

Ollade o video da nosa visita descubride o ben que o pasamos e onde deixamos os nosos  medos...somos uns/unhas valentes!


REMATAMOS A XORNADA CON MERENDAS MOUNSTRUOSAS NAS AULAS...E ASI DE"LIBERADOS" DOS NOSOS MEDOS...
(SE PREMEDES NAS IMAXES PODERÉDELAS VER MÁIS GRANDES)






QUEREMOS AGRADECER A TÓDALAS FAMILIAS A SÚA GRAN AXUDA PARA QUE ISTO FOSE POSIBLE, A SEMPRE COLABORACIÓN DA ANPA E OUTRAS AMIZADES, E A ASISTENCIA DA CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN DO CONCELLO DE VIGO,OLGA ALONSO,QUE ACCEDEU A COMPARTIR CONNOSCO ESTE DÍA

MOITAS GRAZAS!


UN ANO MÁIS APOSTAMOS POR VIVENCIAR OS MEDOS E OUTRAS EMOCIÓNS, COMO VIÑEMOS FACENDO TODOS ESTES ANOS...SEMPRE CON ILUSIÓN E CON ÁNIMO DE ESPERTAR CORAZÓNS...

OLLADE ANTIGUOS ENLACES A CELEBRACIÓNS DE FESTAS DO MEDO DE ANOS ANTERIORES...



SAMAÍN 2012

NON QUEREMOS DESPEDIRNOS SEN ANTES ACONSELLARVOS QUE SE QUEREDES ESPANTAR AS MEIGAS, DEBEDES SEGUIR ESTES CONSELLOS...

- SALTAR 3 VECES A CACHARELA DE SAN XOÁN
-POÑER NAS PORTAS DAS CASAS BASOIRAS DO REVÉS
-LEVAR UN AMULETO: CASTAÑA, GARRA DE FIERA...

NOS VOS ESQUEZADES..!!!


jueves, 8 de octubre de 2015

ESTAMOS ADAPTADOS/AS E ENCANTADOS/AS !!

...Lucimos un fermoso plumeiro
verde, crecho, ben lustrado,
pero o que de verdade importa
gardámolo no chan soterrado...

QUENES SOMOS ?


Xa estamos na escola de maiores !


lunes, 5 de octubre de 2015

INAUGURACIÓN DA BILBIOTECA


O PASADO VENRES 2 DE OUTUBRO, 
INAUGURAMOS A NOSA BILBIOTECA PARA ESTE NOVO CURSO 2015/2016

A PARTIRES DA SEMANA PASADA POR TANTO XA PODEMOS IR DISFRUTAR DELA

COLLER EMPRESTADOS CONTOS PARA A NOSA AULA, COMPARTIR MOMENTIÑOS DE LECTURA INDIVIDUAL OU MÁXICOS CONTOS EN GRUPO...


DESDE A ESCOLA VOS ANIMAMOS A TODOS A FACERNOS PARTÍCIPES DO GRAN VALOR DOS CONTOS...

lunes, 14 de septiembre de 2015

BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO

TODO O EQUIPO EDUCATIVO QUERE DARVOS A BENVIDA EN FORMA DE POESÍA A ESTE NOVO CURSO 2015/2016  

¡¡ PODES   ENSINAR , PERO… !!


PODES ENSINAR A VOAR…
PERO NON VOARÁN O TéU VÓ.

PODES ENSINAR A SOÑAR…
PERO NON SOÑARÁN OS TéUS SOÑOS.

PODES ENSINAR A VIVIR…
PERO NON VIVIRÁN A TÚA VIDA.

PODES ENSINAR A CANTAR…
PERO NON CANTARÁN A TÚA CANCIÓN.

PODES ENSINAR A PENSAR…
PERO NON PENSARÁN COMA TÍ.

PERO,  CADA VEZ QUE ELAS E ELES:
SOÑEN, VOEN, VIVAN, CANTEN, PENSEN…
            ESTARÁ  NELES  A  SEMENTE  DO  CAMIÑO
ENSINADO  E  APRENDIDO  XUNTOS.

                                                                      (ADAPTACIÓN)


ESPERAMOS SEXA UN ANO MAGNÍFICO, DIVERTIDO, INTERESANTE, ESPECIAL...

jueves, 25 de junio de 2015

Feliz Verán


¡  ALFABETO EMOCIONAL!

El doctor Juan Hitzig estudió durante años las características de 50  personas longevos saludables y concluyó que más allá de las características biológicas, el denominador común de todos ellos radicaba en sus conductas y actitudes.
“Cada pensamiento genera una emoción y cada emoción moviliza un circuito hormonal que tendrá impacto en las 5 trillones de células que forman un organismo –explica–.

Las conductas “S”: serenidad, silencio, sabiduría, sabor, sexo, sueño, sonrisa, promueven secreción de Serotonina,


mientras que las conductas

“R”: resentimiento, rabia, rencor, reproche, resistencias, represión, facilitan la secreción de coRtisol, una hormona coRRosiva para las células, que acelera el envejecimiento.

Las conductas “S” generan actitudes “A”: ánimo, amor, aprecio, amistad, acercamiento.


Las conductas “R” por el contrario generan actitudes “D”: depresión, desánimo, desesperación, desolación.


Con solo aprender este simple alfabeto emocional de 4 letras:

“S. A. R. D.
desde edades tempranas lograremos que más gente viva  feliz, más tiempo y mejor, porque la “mala sangre” (mucho cortisol y poca serotonina) deterioran la salud, posibilitan la enfermedad y aceleran el envejecimiento.

El buen humor, en cambio, es clave para la longevidad saludable.”

                           
                                                
¿Cómo afecta el estado anímico a nuestro aprendizaje o al de nuestro alumnado?


¿Qué sientes?

"La propuesta ¿Qué sientes? pretende ahondar en los sentimientos de los niños/as, explicarlos, conocerlos, potenciarlos si son positivos y aplacarlos si son negativos" (Violeta Monreal)


Para saber máis:



Con emoción, moita EMOCIÓN...despedimos este ano ás clases dos CARACOIS e dos PEIXES

Esperamos que eles/as "sentiran" moito durante estes tres anos de escola infantil e continuen "sentindo" durante  toda a súa vida...

boa viaxe!



jueves, 18 de junio de 2015

Gran labor...



 A participación das familias do alumnado na educación dos seus fillos e fillas a través ANPAS, trátase un acto voluntario e non remunerado cuia finalidade é participar, promover, suxerir e colaborar no proxecto educativo do colexio.

Esta participación exige un compromiso persoal e unha responsabilidade que a cotío esixe:

Organización.
Planificación.
Coordinación das actuacións

   Son o cauce natural da participación das familias;  establecen vías de comunicación, información e formación entre os seus asociados, o conxunto das familias, o profesorado e o resto da  Comunidade Educativa.

   Durante este curso, grazas a nosa ANPA CASTELAO puidemos disfrutar, participar e compartir todos estes momentos.


BOTÁDELLE UNHA OLLADA !

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Photo slideshow created with Smilebox




MOITAS GRAZAS ANPA CASTELAO

lunes, 25 de mayo de 2015

CELEBRANDO...



OS MAIOS , é unha festa popular de oríxenes ancestrais.
Esta celebración primaveral tiña antigamente connotacións rituais á divinidade primaveral.

Chámaselle OS MAIOS tanto á celebración desta festa coma ás representacións que se fan nela.

Ésta consiste en cantar coplas ou diálogos adicados á primavera e ao seu significado dentro da comunidade, ainda que en certos lugares tamén se compoñen coplas criticando ou satirizando a certas persoas o institucións do lugar.

Segundo en que zona de Galicia vivamos, os maios celébranse de diferentes formas:

Maios do Norte de Galicia

De maio fai un neno, que recibe o nome de rei do maio , desfilando coas roupas totalmente cubertas con flores, hiedras, fiuncho, etc.

Nos cantos actúa de solista, mentras os esus acompañantes fan de coro, repetindo a estrofa que él canta.

Maios do Sur de Galicia

Son os máis coñecidos.

Son famosos os de Pontevedra e os de Ourense, pero tamén se celebran en Marín, Vilagarcía de Arousa, Redondela, Caldas de Reis, Allaríz, Valdeorras e Verín.

Emprégase unha estructura con forma cónica que se cubre de fiunche e adórnase con flores. Os asistentes á festa cantan e bailan ao seu redor.

A continuación mostrámosvos a nosa particular

 FESTA DOS MAIOS 2015

para a que contamos coa presenza das familias e a colaboración de APAMP, aos que convidamos con moito gusto a desfrutar da nosa compaña neste día. Ademáis, voluntarios/as do concello leron poemas para o público que despois cada clase cantou e bailou.


OLLADE,OLLADE...




MOITAS GRAZAS A TODOS/AS POR COLABORAR: ANPA CASTELAO, VOLUNTARIOS/AS DO CONCELLO, APAMP, FAMILIAS... 

lunes, 18 de mayo de 2015

UNHA SAIDA EDUCATIVA PARA REPETIR,



   Os grupos de 5 anos ,Peixes e Caracois, tivemos a oportunidade de coñecer unha escola de circo, "CIRCONOVE" en Santiago.

   A experiencia resultou ¡FANTÁSTICA!...coas nosas mans e os nosos pés poidemos coñecer todolos los elementos e personaxes máxicos dun circo: trampolín, trapecio, teas colgantes...... e tivemos a ocasión de sentir e vivir a través do noso corpo unha manchea de sensacións e emocións novas, ollade que ben o pasamos na seguinte montaxe