FONDO

lunes, 24 de octubre de 2011

CONTOS DO OUTONO

            A nosa amiga “ estrela xela” xa voltou deixar  nos andeles 
da  súa biblioteca libros novos que atopou nas Feiras do Libro e nas librerías que visitou nos últimos días. Hoxe  quer recomendaros algún 
contos de outono…


                                Escrito e ilustrado por Claudia  Deglioumin
                     Publicado pola Editorial Sieteleguas
                     Precio: sobre 15,00 euros

           Chega o outono coa súa longa bufanda. O outono arrecende a    chocolate e xogos para lembrar… ¿A onde o outono corredo vai…  ?   A atoparse coa súa amiga a…
            Un libro cheo de poesía para coñecer e descubrir o outono e despois as outras estacións amigas noutros libros desta colección.


          “A boneca e 
          a castañeira”
                  Editorial OQO
                                    Roberto Aliaga & Maja Celija

                                    Precio: sobre 13,00 euros
 


        Marcela vive coa súa avoa, a castañeira, e mais cunha boneca de trapo gastada polo tempo e os abrazos. No Nadal, a avoa monta o posto diante dunha tenda de xoguetes e alí ve, no escaparate, a boneca de porcelana perfecta para a súa neta…


“ El bosque”
Autor: James Gourier
Editorial: SM
     Precio: sobre 15,00 euros


            Para coñecer e descubrir as fragas e o beneficios que nos poden dar para todos nos.


E tamén  contos que podedes ver en formato dixital:

O verme das castaña narrado e con pictogramas 

O Señor Outono cheo da música de  e de cores 

Conto popular infantil: “La Castañera”


“ A de unha, a de dúas, a de tres: no outono,
ata a lúa voan as follas e os contos de tres en tres.”

Agarimos e contos da vosa amiga :

 “A Estrela Xela”

sábado, 1 de octubre de 2011

""MERGULLÁNDONOS NUNHA MAREA DE GLOBOS”"

                   
       O AMBENTE E OS ESPAZOS QUE NOS RODEAN  SON COMO UNHA CESTA REPLETA DE TESOUROS!!!
     TENDO EN CONTA QUE A ORIXE DO COÑECEMENTO ATÓPASE NA EXPERIENCIA, E NO VALOR DA OBSERVACIÓN E DA ACCIÓN DIRECTA SOBRE OS ELEMENTOS. DE AHÍ, QUE NA NOSA ESCOLA, LLE DEMOS O VALOR EDUCATIVO QUE SE MERECEN “ÁS SAÍDAS E VISITAS EDUCATIVAS”.
     AS NOSAS SAÍDAS EDUCATIVAS ESTÁN CHEAS DE INTENCIÓN PEDAGÓXICA, QUE PERMITEN MIRAR CON OUTROS OLLOS OS CONTEXTOS COTIANS E TAMÉN ACHEGARNOS A LUGARES QUE RESULTAN MENOS HABITUAIS, COMO OS MUSEOS.
        NESTE CASO, OS GRUPOS DAS “MOSCAS CHOSCAS” (4B), “BRANCANEVES E OS 20 ANANIÑOS”  (5 B), “AS FORMIGAS SILENCIOSAS” (3 A), E O DOS “RATOS E RATAS”  (5A) COÑECERON E DISFRUTARON  DA ARTE CREADA POR "MARTÍN CREED". QUE CUNHA SOA OBRA, INUNDA E Á VEZ BALEIRA O ESPAZO EXPOSITIVO POR MEDIO DE GLOBOS QUE OCUPABA TODA A PLANTA BAIXA  DO "MUSEO MARCO DE VIGO".
      ENCANTOUNOS INTERACTUAR CON ESTA MAREA DE GLOBOS QUE DESENCADEARON UNHA CHEA DE SENSACIÓNS  E EMOCIÓNS , OLLADE!!!

                         

         ¡¡¡QUE BEN O PASAMOS!!!

GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA 
DISPOSICIÓN DURANTE A SAÍDA

Setembro do 2011