FONDO

miércoles, 19 de diciembre de 2012

SESIÓN CONTACONTOS CON ANXO MOURE



Anxo Moure, o noso amigo do  "Carballo con Botas" fixo realidade o soño de nen@s, e tamén de adult@s, ao construir no cumio dun carballo e dun castiñeiro unha casa para morar, ler e descubrir persoaxes fantásticos, e …
       “A CASA DAS ÁRBORES …
                        DO CARBALLO CON BOTAS”.
Pasade, pasade, estades xa en Garabelos, unha pequena aldea a sombra das montañas da Serra do Faro, e non moi lonxe do río Miño. Enriba dun castiñeiro e un carballo erguese a Casa das Árbores, un proxecto de animación cultural, unha escola aberta a natureza, un auditorio entre as follas, un centro de educación ambiental, unha biblioteca forestal e sobre todo un lugar de lecer onde escoitar uns contos que viven nas árbores.
Alí pódese coñecer a Graciano Zoqueiro, un trasniño Gaiteiro, que anda na procura da música das árbores e a quen vós podedes axudar. Esperámosvos, E non vos esquezades de traer a merenda para desfrutala enriba das árbores mentres ledes un libriño!
 Gracias e bicos Anxo polo contos, pola música, polos sorisos.