FONDO

jueves, 28 de junio de 2012

¡ A MERGULLARSE NUN MAR DE CORES! AULA DE ESTIMULACIÓN SENSORIAL


Había unha vez unha cova máxica que se atopaba nunha pequena aula da nosa escola. Un día todos xuntos decidimos que íamos traballar un bonito proxecto adicado ao mar.
Nesta cova máxica experimentamos con todo tipo de materiais, texturas, cores, tonalidades e sensacións. xogamos coas luces e a escuridade que existe en toda cova. Tocamos e enrugamos papeis, coma se foran algas mariñas debuxamos peixes na area da praia e mesmo fixemos auga de moitas cores.
Toda unha diversión que plasmamos nun bonito mural que decoramos entre todos.
Como xa está chegando o verán queremos que vexas este video
¡e que te mergulles con nós nun mar de cores!

                                           

No hay comentarios:

Publicar un comentario