FONDO

domingo, 20 de noviembre de 2011

¿E TI VAS Á ESCOLA?


   O período de adaptación é o tempo  que as nenas e os nenos precisan para asimilar os cambios e facer a súa incorporación a Escola Infantil. Pasan dun ambente coñecido e seguro a outro desconocido, en moitos casos, supon tamén a primeira separación das figuras de apego.
    A entrada na escola implica a saída  do mundo familiar onde a nena e o neno ocupa un rol definido, onde se move nun espazo seguro, coñecido, protexido, onde se relaciona coa  súa familia, e cos máis achegados para chegar a un espazo novo e con persoas que non coñece.
   Chegar  por primeira vez a un lugar novo, non é fácil para ninguén.
    ¿A quen afecta?
                            ·A cada nena e neno
                            ·As familias
                            ·Os educadores
                            ·O grupo

   Neste proceso persoal de adaptación os cativos e cativas van coñecer un novo lugar e facelo propio para chegar a gozalo, establecer vinculos de relación… e, ¡ isto leva un tempo!
   A adaptación é de cada quen, é unha conquista persoal chea de emocións e vivencias, de experiencias propias e compartidas, de medos, de sonrisos, de xogos, de desexos e de inquedanzas.
   As nenas e os nenos van necesitar construir e abrir a súa dimensión social dende o coñecido (a súa familia) ata a súa Escola Infantil.

    PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN DAS FAMILIAS
  As nais, pais e outros familiares  teñen unha gran influencia neste momento que ven determinado como eles  vivan  a separación do seu fillo/a:  os seus temores, expectativas, a súa ansiedade, a súa seguridade ou inseguridade, o grado de  confianza nas posibilidades do neno/a, da escola como institución, das persoas que nela traballan.
   É de gran interese reseñar: o importante papel que a familia ten no proceso de adaptación do seu fillo/a, sen esquecer  que a famillia tamén ten que facer  a súa propia adaptación.
   Dende a escola se van abrir canles e de cooperación e colaboración familia-escola para facer xunto cos nenos e nenas este periodo doado,  para todas e todos, para por en xogo procesos cognitivos e afectivos complexos pero todos eles importantes no proceso de socialización que se deben ter en conta.

   O profesorado tera a responsabilidade de planificar e organizar coas familias a incorporación do alumnado nun período  de tempo recollido  no calendario escolar. Dende a  solicitude de matrícula no centro  ata o remate do período de adaptación con cartas, xuntanzas, entrevistas, folletos, libro de benvida, e outros documentos e extratexias que abran canles de para comunicarse e coñecerse.
   Sen esquecer que as experiencias sociais e educativas vividas terán unha gran influencia na historia escolar de cada nena e de cada neno e da súa familia.


                    Ollade o conto " Un papá a medida" que disfrutaron as
                              familias que acudiron á reunión do 18 de outubro!!!
                    

                                  



No hay comentarios:

Publicar un comentario