FONDO

lunes, 24 de octubre de 2011

CONTOS DO OUTONO

            A nosa amiga “ estrela xela” xa voltou deixar  nos andeles 
da  súa biblioteca libros novos que atopou nas Feiras do Libro e nas librerías que visitou nos últimos días. Hoxe  quer recomendaros algún 
contos de outono…


                                Escrito e ilustrado por Claudia  Deglioumin
                     Publicado pola Editorial Sieteleguas
                     Precio: sobre 15,00 euros

           Chega o outono coa súa longa bufanda. O outono arrecende a    chocolate e xogos para lembrar… ¿A onde o outono corredo vai…  ?   A atoparse coa súa amiga a…
            Un libro cheo de poesía para coñecer e descubrir o outono e despois as outras estacións amigas noutros libros desta colección.


          “A boneca e 
          a castañeira”
                  Editorial OQO
                                    Roberto Aliaga & Maja Celija

                                    Precio: sobre 13,00 euros
 


        Marcela vive coa súa avoa, a castañeira, e mais cunha boneca de trapo gastada polo tempo e os abrazos. No Nadal, a avoa monta o posto diante dunha tenda de xoguetes e alí ve, no escaparate, a boneca de porcelana perfecta para a súa neta…


“ El bosque”
Autor: James Gourier
Editorial: SM
     Precio: sobre 15,00 euros


            Para coñecer e descubrir as fragas e o beneficios que nos poden dar para todos nos.


E tamén  contos que podedes ver en formato dixital:

O verme das castaña narrado e con pictogramas 

O Señor Outono cheo da música de  e de cores 

Conto popular infantil: “La Castañera”


“ A de unha, a de dúas, a de tres: no outono,
ata a lúa voan as follas e os contos de tres en tres.”

Agarimos e contos da vosa amiga :

 “A Estrela Xela”

No hay comentarios:

Publicar un comentario