FONDO

domingo, 5 de junio de 2011

"ATA A VOLTA ESTRELA XELA"

 
                   
Na biblioteca da nosa amiga  “ESTRELA XELA” podemos a cotío mergullarnos nenas, nenos e maiores por terra mar e aire da man  da nosa amiga…

 Nun mar de libros e lerias
   nun ceo de poemas e historias
       nun mar de cantigas e enredos
         nunha fraga de palabras e agarimos
            nun ceo estrelado de sorpresas,
               nunha coba de apretas e agarimos
                  nun mar de teatro,contos e cine,
                     nun xardín de contos e adiviñas
                      nun viaxar polos mares da tecnoloxía,
                     e tamén polo arco da vella  da imaxinación,                  

A lectura é coma un “bicho” que se mete no corpo e nos pode contaxiar a todas  e a todos. Nalgunhas ocasións mergullandonos nos libros, nos contos, nas historias ... para de xeito irrevesible quedarmos contaxiados. Polo que, unha vez contaxiados por  este “bicho” xa non existe remedio que o cure, xa somos ESTRELAS DE MAR, DE TERRA E TAMÉN DO CEO...  e temos carnet da biblioteca.
O  mellor vieiro de contaxio e por via materna-paterna e polos avós e avoas, irmás e amizades.  Xuntos andamos a procura de orientar e animar as familias dende o “CLUB DA LECTURA DA ESTRELA XELA”  para compartir e viaxar polos libros e tempos de faladeira.
                                         
A biblioteca da “ESTRELA XELA” remata a súa andaina ata setembro xa que, “XELA” a nosa estrela “AMIGA”, vai marchar de vacacións,  e tamén irá visitar feiras do libro, coñecer novas bibliotecas e mercar algunhas novedades nas editoriais e librerias.
  Para despedirnos quer agasallarnos con algunhas fotos das actividades da súa biblioteca neste curso escolar 2010-11 e tamén facernos algunhas suxestións para o verán, e invitarnos a mergullarnos por mar, terra e aire  entre libros e contos alí onde estemos de vacacións.  ¡ Bo verán con moitos libros e contos ! 



ENLACES de  EDITORIAIS:

http://www.editorialkokinos.com/catalogo/colecciones/  Editorial kokinos

http://www.oqo.es/editora/es  Editorial OQO 

http://www.pintar-pintar.com/   Editorial Pintar y Pintar




FEIRAS DO LIBRO EN VIGO E CONTORNO, nos meses de xullo e agosto

Feira do libro de Vigo en Xullo
Feira do libro de Pontevedra



                                        

No hay comentarios:

Publicar un comentario