Falamos, investigamos e pedimos axuda ás familias para elaborar unha lista sobre os animais que atoparíamos: polbos, golfiños, quenllas, fanecas, centolos, ameixas, navallas...tamén barcos, camións e moita xente traballando.
Chegou o gran día!!!... puxémonos moi elegantes para a ocasión cos chalecos reflectantes, obrigatorios para visitalas instalacións.
Percorrimos a lonxa de altura, de baixura e unha cetárea.
De volta na escola, ó longo de varias sesións vimos tódalas fotos e cada cativ@ escolleu o seu animal mariño preferido, aínda que non se atopara no porto cando fixemos a visita.
Coa axuda das familias mergullámonos nun mar de informacións e fomos pasiño a pasiño elaborando murais, posters... trouxemos videos, fotos...
Puxémonos de acordo coa axuda da mestra para elaborar "un calendario de conferencias" xa que seríamos conferenciantes por un día para o resto dos nos@s amigos/as.
Preparamos unha mesa con teas, coa esfera do mundo, pedimos un micrófono da aula das Tic, elaboramos os nosos carteis de conferenciantes, xa organizados empezamos a contarlle aos nos@s compañeir@s os nosos descubrimentos e tamén curiosidades,...nese lugar tan especial da aula adicado a investigación.
Ollade no video o ben que realizamos o noso rol de conferenciantes!!!
Con tódolos datos, elaboramos días despois, o caderno viaxeiro "Os animais mariños" que foi de visita polos fogares.
Tamén compartimos cos compañeir@s doutras aulas as nosas investigacións, foi emocionante!!!
Como remate do proxecto decoramos as paredes do noso baño coa silueta do noso animal mariño.
Moitas grazas, foi un traballo en equipo moi productivo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario