FONDO

jueves, 5 de noviembre de 2015

HABELAS HAILAS...

---Crea tu texto animado---


   Desde o comezo do mes de outubro, historias de terror sobre MEIGAS encheron as nosas aulas e corredores e empaparon aos nenos e nenas da nosa escola...

Durante días estivéronse preparando para realizar unha visita especial chea de medo...de moito medo... 
a..."CASA DAS MEIGAS "


MEIGA é o nome que se da en Galicia á bruxa ou feiticeira.

Contan as lendas que existen meigas de moitos tipos...


AS FEITICEIRAS: SON AQUELAS QUE FAN FEITIZOS E HIPNOTIZAN AOS NENOS/AS

AS VOLADOIRAS:  VOAN FACENDO PIRUETAS COA SÚA BASOIRA

AS CARTUXEIRAS: BOTAN AS CARTAS E PREDIN O FUTURO

AS ASUMCORDAS: SON MEIGAS ESPÍAS

...

A CASA DAS MEIGAS que visitamos estaba chea de cuartos escuros….  No que cabazas eran as únicas que alumeaban os nosos pasos e os choros das meigas  parecían sair das paredes…. e asustar sen parar...

    No percorrido atravesamos complicados pasadizos de teas de araña, atravesamos a habitación de convidados (cheíño dos seus amigos/as que nos asustaban sen descanso), ecoitamos atentos/as historias de meigas, axudámoslle a unha a atopar no trasteiro o seu gorro, gato negro, vasoira e chaves e.... para celebralo bailamos na súa  marchosa e especial  discoteca.

     Visita guiada, na que perdian os medos pouco a pouco polas súas dependencias...

Ollade o video da nosa visita descubride o ben que o pasamos e onde deixamos os nosos  medos...somos uns/unhas valentes!


REMATAMOS A XORNADA CON MERENDAS MOUNSTRUOSAS NAS AULAS...E ASI DE"LIBERADOS" DOS NOSOS MEDOS...
(SE PREMEDES NAS IMAXES PODERÉDELAS VER MÁIS GRANDES)






QUEREMOS AGRADECER A TÓDALAS FAMILIAS A SÚA GRAN AXUDA PARA QUE ISTO FOSE POSIBLE, A SEMPRE COLABORACIÓN DA ANPA E OUTRAS AMIZADES, E A ASISTENCIA DA CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN DO CONCELLO DE VIGO,OLGA ALONSO,QUE ACCEDEU A COMPARTIR CONNOSCO ESTE DÍA

MOITAS GRAZAS!


UN ANO MÁIS APOSTAMOS POR VIVENCIAR OS MEDOS E OUTRAS EMOCIÓNS, COMO VIÑEMOS FACENDO TODOS ESTES ANOS...SEMPRE CON ILUSIÓN E CON ÁNIMO DE ESPERTAR CORAZÓNS...

OLLADE ANTIGUOS ENLACES A CELEBRACIÓNS DE FESTAS DO MEDO DE ANOS ANTERIORES...



SAMAÍN 2012

NON QUEREMOS DESPEDIRNOS SEN ANTES ACONSELLARVOS QUE SE QUEREDES ESPANTAR AS MEIGAS, DEBEDES SEGUIR ESTES CONSELLOS...

- SALTAR 3 VECES A CACHARELA DE SAN XOÁN
-POÑER NAS PORTAS DAS CASAS BASOIRAS DO REVÉS
-LEVAR UN AMULETO: CASTAÑA, GARRA DE FIERA...

NOS VOS ESQUEZADES..!!!


1 comentario: