FONDO

martes, 10 de febrero de 2015

30 DE XANEIRO

ENCONTRO  DA  PAZ  CON APAMP

Como todos os 30 de Xaneiro conmemórase o Día da Paz e dende o E.E.I. Cristo De La Victoria decidimos compartir esta data tan especial na compaña dos nosos amigos da Asociación De Familias De Persoas con Parálise Cerebral (APAMP) de Vigo e para iso fomos  ata o seu centro de Navia.

Unha vez alí dividímosnos por grupos para participar en diferentes obradoiros:
·         O alumnado de 3 anos xunto cun grupo de residentes de APAMP desenvolveron o obradoiro: Pintura e Movemento.
·         Os nenos e nenas de 4 anos na compaña de usuarios de APAMP fixeron o obradoiro: Escultura con materiais de refugallo.
·         As nenas e nenos de 5 anos participaron nun obradoiro de Boccia, un deporte paralímpico, similar á petanca, cuxa práctica está destinada a deportistas en cadeiras de rodas.

Unha vez rematados os obradoiros ben mereciamos unha boa merenda.
Xa ca barriga chea estábamos listos para rematar a nosa visita bailando e cantando todos xuntos, coa colaboración especial dos gaiteiros e pandereteiras familiares do noso alumnado.

            E despois de tanta troula xa chegou a hora de volver a nosa escola pero non sen antes intercambiar agasallos cos nosos, xa para sempre, amigos de APAMP.

(FAI CLIC NA IMAXE PARA VER A PRESENTACIÓN)

  
                             Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox


Por último, queremos dar o noso máis sincero agradecemento a APAMP, as familias do noso alumnado que nos axudaron ca música e a todos e a cada un de vós.


MOITAS GRAZASSSSSS


Resultado de imagen de LOGO APAMP

No hay comentarios:

Publicar un comentario