FONDO

viernes, 19 de diciembre de 2014

UN AGASALLO CON MOITOS AGARIMOS...

POR UN NADAL CHEO DE … EMOCIÓNS

As datas do NADAL son os momentos do ano con máis celebracións  e festas que veñen na compaña de moitas emocións, sopresas, cambios e estímulos  para grandes e pequenos  que podemos empregar para axudar, acompañar e educar  as nenas e os nenos emocionalmente reforzando a súa seguridade e autoestima.
O motivo máis importante destas datas é o recoñocemento de lazos afectivos. Celebramos a  importancia e existencia de vencellos entre as persoas:
A FAMILIA, AS AMIZADES, E OUTRAS PERSOAS… , que poden estar preto ou lonxe de nos.
Para que o mellor agasallo desde  NADAL SEXA O AFECTO, O ENCONTRO HUMÁN,  A ILUSIÓN  E  A  MAXIA… queremos agasallarvos con:

·  Un agarimoso abrazo…  de cores.
·  Un  paquete de palabras de…  querote  moito, moito.
·  Un saco cheo  de…  dulces  bicos , centos e centos.
·  Unha carta con moitas…   luces e bos  desexos.
·  E  o sol , a  lúa ,  e unha estrela  amiga  cheas  de… risas  e  sorrisos .

Asi comezamos a vivir xuntos/as este tempo de NADAL...
 Aqui vos deixamos tamén os enlaces ás cancións coas que cantamos, bailamos e sentimos durante o concerto en familia: 


No hay comentarios:

Publicar un comentario