FONDO

viernes, 6 de septiembre de 2013

EMPEZA… “UN NOVO CURSO ESCOLAR”


Un curso escolar é como unha viaxe que empeza o 1 setembro e remata o 30 de xuño.
Para preparar a nosa viaxe: planificamos, buscamos información, deseñamos itinerarios e horarios, preparamos os materiais e recursos para que coas maletas cheas cheguemos a bo porto.
Di un antigo proverbio chino
QUE UNHA VIAXE DE MIL MILLAS…
EMPEZA CUN SIMPLE PASO”
Polo que, coas nosas maletas preparadas, familias, alumnado e mestras damos os primeiros pasos da nosa viaxe de mil millas en xuntanzas e faladeiras para compartir proxectos, tarefas, festas, axudas, risas, agarimos, contos, xogos, e centos de cousas máis.
Un poeta anónimo susurranos:
Viaxar é vivir e convivir.
Coñecer novos mundos
e paisaxes diversos.
É mirar con outros ollos
e descubrir novos segredos.
Viaxar é o dia a dia,
e vivir-con e con-vivir.


¡¡¡ BENVIDAS E BENVIDOS PARA EMPEZAR TODOS XUNTOS ESTA VIAXE DE MIL MILLAS!!!


NOTA: A nosa amiga “A ESTRELA XELA” mándanos un agasallo para “xogar a pensar”co conto “A VIAXE DO RATO”, xa que ata outubro, cando inagurará a súa biblioteca, estará de viaxe.


No hay comentarios:

Publicar un comentario