FONDO

martes, 11 de junio de 2013

¿CÓMO DE FAI...?

VENRES 24 DE MAIO

Viña cheo de preguntas…  ¿ Que imos facer…?  ¿Con que…? 
A proposta empezou no comedor  onde fixemos experimentos con alimentos acompañados de Marisé unha amiga da “Estrela Xela”, que xa tiña  todo preparado cando chegamos.
Coa súa axuda, fumos quen de fabricar   un  riquísimo “xeado máxico”    de chocolate sen  meter na neveira e tamén pintura con  remolacha, espinacas, cebola, lombarda, cenorias …  para facer debuxos.
                     ¡¡¡ FIXEMOS MÁXIA COS ALIMENTOS !!
Despois,  no espazo da biblioteca nos regalou varios videos de  contos  con alimentos e unha guía con “12 experimentos” para nosa biblioteca de aula.
  ¿Cando volves a nosa escola para facer máis experimentos, Marise?
                ¡¡ Gracias pola túa axuda amiga da Estrela Xela!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario