FONDO

jueves, 9 de mayo de 2013

"OS VENRES DE XELA NO MES DE ABRIL"


CONCERTO DE PRIMAVERA 2013
Para celebrar a chegada da primavera a nos amiga “ A ESTRELA XELA” invitounos a un CONCERTO DE PRIMAVERA” no Conservatorio Elemental de Música da Florida. Contou coa axuda e planificación de David e Felipe, país do nos alumnado e mestres no conservatorio e tamén amigos da Estrela Xela.

Recibimos una colorida invitación acompañada dun poema de Gabriela Mistral para anunciarnos a celebración do concertó.
No concerto soaron o clarinete, a flauta, o piano, a trompa, o fagot, a tuba de varas, a marimba, a batería que nos tocaron varias pezas de Mozart e doutros compositores que escoitamos con moita atención e aplaudimos con ledicia.
Para rematar con varias pezas de percusión corporal que nos regalon varios amigos e amigas do consevatorio que nos sorprenderon e nos animaron a acompañalos.
O alumnado dos grupos de 5 anos tamén tivo ocasión de achegarse os instrumentos o remate do concerto e experimentar cos ritmos e notas musicais.
¡¡¡ Gracias mestres e alumnos do conservatorio polo concerto!!!


7 CONTOS EN VERSO DE ANIMAIS”
7 contos en verso de animais” foi a proposta do seguinte venres da nosa “ AMIGA XELA “ --xirafas, gatos, ratos, galiñas, cabalos, e tamén monas falaban, cantaban e tamén leriaban coas voces de Vanesa e Xabier , pais amigos e colaboradores da “Estrela Xela”
Unha galiña que vai mercado e trae o cestiño moi acugulado…
Un neno que soñaba cun cabalo de cartón…
Un gato que andaba a procura dun rato…
Una galiña e una pomba que viaxaban en bicicleta.
Unha xirafa que precisaba gafas…
Unha mona moi nona que se vestia sempre a última moda...
Unha rá que debaixo da auga estaba a cantar…
E para rematar…
A nosa amiga agasallounos cun libro para a biblioteca da aula cos “7 contos en verso” que estamos a ilustrar.

CONTOS, LERIAS, XOGOS E ENREDOS…
DE RATOS E RATAS”
O venres dia 20 de abril chegou a escola Alfonso para compartir con nos xogos, contos, lerias e outros enredos de ratas e ratos… segundo o encargo que lle fixera a “Estrela Xela” uns días antes.
Foi divertido cantar a cantiga de “Susanita tiene un ratón”, acompañala con palmas e pés, xogar a “Rato que te pilla o Gato”, lembrar o conto da “ Ratiña presumida “ en versión dixital e coñecer o poema de “Quen lle pon o cascabel o gato” creado por Lope de Vega.
Tamén nos leeu o conto “SIETE RATONES CIEGOS” da editorial Ekaré que podedes atopa en internet en versión dixital e que vos recomendamos.
Para rematar nos invitaron a comida da que maís lle gusta os ratos… ¿Adiviñades o que foi…?


¡¡¡Gracias amigas e amigas polos vosos agasallos, vémonos en maio!!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario