FONDO

lunes, 20 de abril de 2015

OS VENRES SON ESPECIAIS...


Na nosa escola, cada curso comeza cheo de novos retos e propostas que enriquecerán o noso día día.

No caso concreto deste ano,  decidimos poñer en marcha o que chamamos 

" OS OBRADOIROS DA MAN AMIGA"

 Aquí incluimos todas aquelas experiencias basadas na pérdida total da idea de aula, concebida ésta como espazo de exclusivo uso, por un grupo de nenas/os co seu profesor/a de referencia. O alumnado reestructurado en pequenos grupos, vai rotando polos obradoiros ao longo da xornada escolar segundo un horario establecido. As mestras/os estamos especializadas/os cada un/unha nun taller sendo o alumnado o que cambia dun a outro. 

DESTE XEITO...

  Logramos un continuum de espazos globais e unitarios, dispoñendo  dun marco diferente para cada tipo de actividades.

  Existe unha ilusión e un ánimo de mellora no alumnado, un constante traballo en equipo así como o fomento do hábito de autocontrol de todos os membros.

  As ideas que aporta cada membro do equipo pedagóxico non serven únicamente para enriquecer a súa  aula, senon para beneficio de todos/as. Trátase dun grupo de personas xerando ideas e melloras concentradas nun obxetivo común: os obradoiros

  Profunda reestructuración organizativa e funcional de todo o centro, que condiciona as súas actitudes provocando a curiosidade e o "querer facer", evitando asi caer  na monotonía.

Aqui vos deixamos unha pequena mostra do noso quefacer...

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox

Compartimos tamén estes enlaces de onde podedes extraer máis ideas...

miércoles, 25 de marzo de 2015

    La poesía es una manifestación de la diversidad en el diálogo, de la libre circulación de las ideas por medio de la palabra, de la creatividad y de la innovación.

 La poesía contribuye a la diversidad creativa al cuestionar de manera siempre renovada la forma en que usamos las palabras y las cosas, y nuestros modos de percibir e interpretar la realidad. Merced a sus asociaciones y metáforas y a su gramática singular, el lenguaje poético constituye, pues, otra faceta posible del diálogo entre las culturas.

Cada año, el 21 de marzo, la UNESCO celebra el Día Mundial de la Poesía y nos invita a reflexionar sobre el poder del lenguaje poético y el florecimiento de las capacidades creadoras de cada persona.

¿Qué es un caligrama…?

Un caligrama es un poema visual:
es un texto en el que las palabras
se usan como si fueran el trazo de un dibujo.

FACEMOS CALIGRAMAS ?

Para a celebrar o día da poesía estamos a facer nas aulas un obradoiro de poesía con caligramas, polo que vos deixamos tres pequenos poemas para xogar a facer caligramas coma nos e despois regalalos.


“A LA DE UNA,
ALA DE DOS,
A LA DE TRES:
POR LA LUNA ,
NADABA UN PEZ.”



PROPUESTA DE CALIGRAMA: SILUETA DE LUNA Y MAR

“EL HUMO DE LA CHIMENEA
SE VA DE VIAJE,
Y POR ESO SE PONE SU MEJOR TRAJE.
PARA NO PERDERSE
DEJA SUS HUELLAS
POR LAS ESCALERAS D ELAS ESTRELLAS.”



PROPUESTA DE CALIGRAMA : CHIMENEA Y HUMO QUE SALE HACIA LAS ESTRELLAS

“POR UNA MIRADA, UN MUNDO,
POR UNA SONRISA UN CIELO,
POR UN BESO… YO NO SÉ
QUE TE DIERA POR UN BESO.”




PROPUESTA PARA CALIGRAMA: UNOS OJOS , UNA CARA CON OJOS  GRANDES

PARA SABER MÁIS SOBRE  POESIA E  CALIGRAMAS :

http://www.youtube.com/watch?v=CRU9OTVn43U     Poesia:definicións e poetas
http://www.youtube.com/watch?v=4-AAMSjTFcQ       Poesias  e autores/as
http://www.youtube.com/watch?v=JN9POYHlzOU      Caligramas universais


lunes, 2 de marzo de 2015


ENTROIDO 2015
"A CAIXA DOS NOMES"

O entroido é una festa popular na que se celebra a fin do inverno e o comezo da primavera.  É unha época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade, caracterizarse coas indumentarias máis estranas…  Nos, como potenciadores destra tradición, acordamos disfrazarnos co nome das nosas clases: peixes, caracois, arañas, bolboretas, botóns e piratas; decididos a vivir xuntos un tempo inesquecible.

Cada aula mostrou ao resto de amigos/as o seu disfraz mediante un desfile onde cada grupo nos agasallou coa súa cantareira.  Despois bailamos e cantamos ao ritmo da música sen parar.

É un tempo para a diversión e o bo xantar porque grazas ás familias poidemos saborear riquísimas galdrumadas do entroido.  Despois de repoñer enerxías, fomos a disfrutar, como invitados, cos amigos/as do Celso Emilio onde bailamos e desfilamos.

Para rematar o tempo de entroido tocaba queimar o noso meco “caixa dos nomes”, que por mor do mal tempo se fixo o xoves, á volta de vacacións...  ADEUS MECO!!!!!!! ATA O ANO QUE VEN!!!!!!

Tamén queremos contarvos que fixemos un obradoiro de capoeira, cun papá e uns amigos, xa que non poidemos ir ao entroido de Brasil.  GRAZAS POLA VOSA VALIOSA COLABORACIÓN.






martes, 10 de febrero de 2015

30 DE XANEIRO

ENCONTRO  DA  PAZ  CON APAMP

Como todos os 30 de Xaneiro conmemórase o Día da Paz e dende o E.E.I. Cristo De La Victoria decidimos compartir esta data tan especial na compaña dos nosos amigos da Asociación De Familias De Persoas con Parálise Cerebral (APAMP) de Vigo e para iso fomos  ata o seu centro de Navia.

Unha vez alí dividímosnos por grupos para participar en diferentes obradoiros:
·         O alumnado de 3 anos xunto cun grupo de residentes de APAMP desenvolveron o obradoiro: Pintura e Movemento.
·         Os nenos e nenas de 4 anos na compaña de usuarios de APAMP fixeron o obradoiro: Escultura con materiais de refugallo.
·         As nenas e nenos de 5 anos participaron nun obradoiro de Boccia, un deporte paralímpico, similar á petanca, cuxa práctica está destinada a deportistas en cadeiras de rodas.

Unha vez rematados os obradoiros ben mereciamos unha boa merenda.
Xa ca barriga chea estábamos listos para rematar a nosa visita bailando e cantando todos xuntos, coa colaboración especial dos gaiteiros e pandereteiras familiares do noso alumnado.

            E despois de tanta troula xa chegou a hora de volver a nosa escola pero non sen antes intercambiar agasallos cos nosos, xa para sempre, amigos de APAMP.

(FAI CLIC NA IMAXE PARA VER A PRESENTACIÓN)

  
                             Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox


Por último, queremos dar o noso máis sincero agradecemento a APAMP, as familias do noso alumnado que nos axudaron ca música e a todos e a cada un de vós.


MOITAS GRAZASSSSSS


Resultado de imagen de LOGO APAMP

lunes, 26 de enero de 2015

AS TICs NA EDUCACIÓN INFANTIL...


 “Pertencemos á sociedade da información e da comunicación e queirámolo ou non, nela tocounos vivir e ensinar. 
Debemos de ser conscientes da necesidade de educar ós nenos/as en e con elas”.



  O ordenador é un instrumento de descubrimento, co seu uso os nenos/as traballan dunha maneira moi diferente: é un traballo LÚDICO, MOTIVADOR E ESTIMULANTE, provócase a curiosidade e favorece a súa PROPIA EXPERIMENTACIÓN E DESCUBRIMENTO.




             Como suxestión votádelle unha ollada a este artigo, pinchando na imaxe seguinte,
            trata sobre a importancia das TICs nesta etapa educativa:



         Ademáis, queremos compartir con todos vós, a seguinte páxina do blog,
       onde atoparedes xogos interactivos que poderán realizar os pequenos/as:
                                 http://lourdesgiraldo.blogspot.com.es/

viernes, 19 de diciembre de 2014

UN AGASALLO CON MOITOS AGARIMOS...

POR UN NADAL CHEO DE … EMOCIÓNS

As datas do NADAL son os momentos do ano con máis celebracións  e festas que veñen na compaña de moitas emocións, sopresas, cambios e estímulos  para grandes e pequenos  que podemos empregar para axudar, acompañar e educar  as nenas e os nenos emocionalmente reforzando a súa seguridade e autoestima.
O motivo máis importante destas datas é o recoñocemento de lazos afectivos. Celebramos a  importancia e existencia de vencellos entre as persoas:
A FAMILIA, AS AMIZADES, E OUTRAS PERSOAS… , que poden estar preto ou lonxe de nos.
Para que o mellor agasallo desde  NADAL SEXA O AFECTO, O ENCONTRO HUMÁN,  A ILUSIÓN  E  A  MAXIA… queremos agasallarvos con:

·  Un agarimoso abrazo…  de cores.
·  Un  paquete de palabras de…  querote  moito, moito.
·  Un saco cheo  de…  dulces  bicos , centos e centos.
·  Unha carta con moitas…   luces e bos  desexos.
·  E  o sol , a  lúa ,  e unha estrela  amiga  cheas  de… risas  e  sorrisos .

Asi comezamos a vivir xuntos/as este tempo de NADAL...
 Aqui vos deixamos tamén os enlaces ás cancións coas que cantamos, bailamos e sentimos durante o concerto en familia: 


domingo, 7 de diciembre de 2014

Land Art no Parque da Bouza

LAND ART 
é unha tendencia da arte contemporáneo que emprega os materiais da natureza (madeira, pedras, follas, area, auga, cunchas ….) para elaborar obras de arte e esculturas perecedoiras EN CONTACTO COA NATUREZA, facendo intervencións en espazos naturais, como fixemos nós. 

Buscamos xuntos : 

-Desenvolvemento da creatividade e imaxinación.
-Recoñecer os elementos da natureza co seu nome en galego. 
-Respecto polas composicións elaborados polas demais persoas.
-Cooperación para traballar en pequeno grupo.
-Dar a coñecer e compartir coa comunidade educativa as nosas produccións.

     ¡¡Ollade o video...!!
 

Mercedes Páramo's Slidely by Slidely Slideshow 

 Con todo ello hacemos alusión al “land art”, una modalidad artística que trata de poner en relación directa al ser humano con su entorno; con la naturaleza en su sentido más amplio. La obra de arte no ha de cobijarse en una sala de algún museo; ha de estar al alcance de todos, como un elemento paisajístico más que pueda ser apreciado y valorado por amplios públicos, de la misma manera que se disfrutaría de la vista de una montaña, de una cala costera... 


 Así piensa: Carlos de Gredos: "Mi lugar de nacimiento" (2005-2006). Salamanca.