ENTROIDO 2015
"A CAIXA DOS NOMES"
"A CAIXA DOS NOMES"
O
entroido é una festa popular na que se celebra a fin do inverno e o comezo da
primavera. É unha época na que se poden
romper tódalas normas, cambiar de personalidade, caracterizarse coas
indumentarias máis estranas… Nos, como potenciadores
destra tradición, acordamos disfrazarnos co nome das nosas clases: peixes, caracois,
arañas, bolboretas, botóns e piratas;
decididos a vivir xuntos un tempo inesquecible.
Cada
aula mostrou ao resto de amigos/as o seu disfraz mediante un desfile onde cada grupo
nos agasallou coa súa cantareira.
Despois bailamos e cantamos ao ritmo da música sen parar.
É un
tempo para a diversión e o bo xantar porque grazas ás familias poidemos
saborear riquísimas galdrumadas do entroido.
Despois de repoñer enerxías, fomos a disfrutar, como invitados, cos
amigos/as do Celso Emilio onde bailamos e desfilamos.
Para
rematar o tempo de entroido tocaba queimar o noso meco “caixa dos nomes”, que por
mor do mal tempo se fixo o xoves, á volta de vacacións... ADEUS MECO!!!!!!! ATA O ANO QUE VEN!!!!!!
Tamén
queremos contarvos que fixemos un obradoiro de capoeira, cun papá e uns amigos,
xa que non poidemos ir ao entroido de Brasil.
GRAZAS POLA VOSA VALIOSA COLABORACIÓN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario