Na nosa escola, cada curso comeza cheo de novos retos e propostas que enriquecerán o noso día día.
No caso concreto deste ano, decidimos poñer en marcha o que chamamos
" OS OBRADOIROS DA MAN AMIGA"
Aquí incluimos todas aquelas experiencias basadas na pérdida total da idea de aula, concebida ésta como espazo de exclusivo uso, por un grupo de nenas/os co seu profesor/a de referencia. O alumnado reestructurado en pequenos grupos, vai rotando polos obradoiros ao longo da xornada escolar segundo un horario establecido. As mestras/os estamos especializadas/os cada un/unha nun taller sendo o alumnado o que cambia dun a outro.
DESTE XEITO...
Existe unha ilusión e un ánimo de mellora no alumnado, un constante traballo en equipo así como o fomento do hábito de autocontrol de todos os membros.
As ideas que aporta cada membro do equipo pedagóxico non serven únicamente para enriquecer a súa aula, senon para beneficio de todos/as. Trátase dun grupo de personas xerando ideas e melloras concentradas nun obxetivo común: os obradoiros
Profunda reestructuración organizativa e funcional de todo o centro, que condiciona as súas actitudes provocando a curiosidade e o "querer facer", evitando asi caer na monotonía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario