ENCONTRO DA PAZ CON APAMP
Como todos os 30 de Xaneiro
conmemórase o Día da Paz e dende o E.E.I. Cristo De La Victoria decidimos
compartir esta data tan especial na compaña dos nosos amigos da Asociación De
Familias De Persoas con Parálise Cerebral (APAMP) de Vigo e para iso fomos ata o seu centro de Navia.
Unha vez alí dividímosnos
por grupos para participar en diferentes obradoiros:
·
O alumnado de 3 anos xunto cun grupo de residentes de
APAMP desenvolveron o obradoiro: Pintura e Movemento.
·
Os nenos e nenas de 4 anos na compaña de usuarios de
APAMP fixeron o obradoiro: Escultura con materiais de refugallo.
·
As nenas e nenos de 5 anos participaron nun obradoiro de
Boccia, un deporte paralímpico, similar á petanca, cuxa práctica está destinada
a deportistas en cadeiras de rodas.
Unha vez rematados os
obradoiros ben mereciamos unha boa merenda.
Xa ca barriga chea estábamos
listos para rematar a nosa visita bailando e cantando todos xuntos, coa
colaboración especial dos gaiteiros e pandereteiras familiares do noso
alumnado.
E
despois de tanta troula xa chegou a hora de volver a nosa escola pero non sen
antes intercambiar agasallos cos nosos, xa para sempre, amigos de APAMP.
(FAI CLIC NA IMAXE PARA VER A PRESENTACIÓN)
Por último, queremos dar o noso
máis sincero agradecemento a APAMP, as familias do noso alumnado que nos
axudaron ca música e a todos e a cada
un de vós.
MOITAS
GRAZASSSSSS
No hay comentarios:
Publicar un comentario