POR UN NADAL CHEO DE …
EMOCIÓNS
As datas do NADAL son os
momentos do ano con máis celebracións e
festas que veñen na compaña de moitas emocións, sopresas, cambios e estímulos para grandes e pequenos que podemos empregar para axudar, acompañar e
educar as nenas e os nenos
emocionalmente reforzando a súa seguridade e autoestima.
O motivo máis importante
destas datas é o recoñocemento de lazos afectivos. Celebramos a importancia e existencia de vencellos entre
as persoas:
A FAMILIA, AS AMIZADES, E OUTRAS PERSOAS… , que
poden estar preto ou lonxe de nos.
Para que o mellor agasallo
desde NADAL SEXA O AFECTO, O ENCONTRO
HUMÁN, A ILUSIÓN E A MAXIA… queremos agasallarvos con:
·
Un
agarimoso abrazo… de cores.
·
Un paquete de palabras de… querote
moito, moito.
·
Un saco
cheo de… dulces
bicos , centos e centos.
·
Unha
carta con moitas… luces e bos desexos.
·
E o sol , a
lúa , e unha estrela amiga
cheas de… risas e
sorrisos .
Asi comezamos a vivir xuntos/as este tempo de NADAL...
Aqui vos deixamos tamén os enlaces ás cancións coas que cantamos, bailamos e sentimos durante o concerto en familia:
MEU AMOR ESTOUPA: https://www.youtube.com/watch?v=6vMqMHWTPeA
FELIZ NAVIDAD:https://www.youtube.com/watch?v=-mGuEkN62M0
QUE CANTEN LOS NIÑOS: https://www.youtube.com/watch?v=CrZ1L3YtH70
No hay comentarios:
Publicar un comentario