FONDO

martes, 10 de febrero de 2015

30 DE XANEIRO

ENCONTRO  DA  PAZ  CON APAMP

Como todos os 30 de Xaneiro conmemórase o Día da Paz e dende o E.E.I. Cristo De La Victoria decidimos compartir esta data tan especial na compaña dos nosos amigos da Asociación De Familias De Persoas con Parálise Cerebral (APAMP) de Vigo e para iso fomos  ata o seu centro de Navia.

Unha vez alí dividímosnos por grupos para participar en diferentes obradoiros:
·         O alumnado de 3 anos xunto cun grupo de residentes de APAMP desenvolveron o obradoiro: Pintura e Movemento.
·         Os nenos e nenas de 4 anos na compaña de usuarios de APAMP fixeron o obradoiro: Escultura con materiais de refugallo.
·         As nenas e nenos de 5 anos participaron nun obradoiro de Boccia, un deporte paralímpico, similar á petanca, cuxa práctica está destinada a deportistas en cadeiras de rodas.

Unha vez rematados os obradoiros ben mereciamos unha boa merenda.
Xa ca barriga chea estábamos listos para rematar a nosa visita bailando e cantando todos xuntos, coa colaboración especial dos gaiteiros e pandereteiras familiares do noso alumnado.

            E despois de tanta troula xa chegou a hora de volver a nosa escola pero non sen antes intercambiar agasallos cos nosos, xa para sempre, amigos de APAMP.

(FAI CLIC NA IMAXE PARA VER A PRESENTACIÓN)

  
                             Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox


Por último, queremos dar o noso máis sincero agradecemento a APAMP, as familias do noso alumnado que nos axudaron ca música e a todos e a cada un de vós.


MOITAS GRAZASSSSSS


Resultado de imagen de LOGO APAMP

lunes, 26 de enero de 2015

AS TICs NA EDUCACIÓN INFANTIL...


 “Pertencemos á sociedade da información e da comunicación e queirámolo ou non, nela tocounos vivir e ensinar. 
Debemos de ser conscientes da necesidade de educar ós nenos/as en e con elas”.



  O ordenador é un instrumento de descubrimento, co seu uso os nenos/as traballan dunha maneira moi diferente: é un traballo LÚDICO, MOTIVADOR E ESTIMULANTE, provócase a curiosidade e favorece a súa PROPIA EXPERIMENTACIÓN E DESCUBRIMENTO.




             Como suxestión votádelle unha ollada a este artigo, pinchando na imaxe seguinte,
            trata sobre a importancia das TICs nesta etapa educativa:



         Ademáis, queremos compartir con todos vós, a seguinte páxina do blog,
       onde atoparedes xogos interactivos que poderán realizar os pequenos/as:
                                 http://lourdesgiraldo.blogspot.com.es/

viernes, 19 de diciembre de 2014

UN AGASALLO CON MOITOS AGARIMOS...

POR UN NADAL CHEO DE … EMOCIÓNS

As datas do NADAL son os momentos do ano con máis celebracións  e festas que veñen na compaña de moitas emocións, sopresas, cambios e estímulos  para grandes e pequenos  que podemos empregar para axudar, acompañar e educar  as nenas e os nenos emocionalmente reforzando a súa seguridade e autoestima.
O motivo máis importante destas datas é o recoñocemento de lazos afectivos. Celebramos a  importancia e existencia de vencellos entre as persoas:
A FAMILIA, AS AMIZADES, E OUTRAS PERSOAS… , que poden estar preto ou lonxe de nos.
Para que o mellor agasallo desde  NADAL SEXA O AFECTO, O ENCONTRO HUMÁN,  A ILUSIÓN  E  A  MAXIA… queremos agasallarvos con:

·  Un agarimoso abrazo…  de cores.
·  Un  paquete de palabras de…  querote  moito, moito.
·  Un saco cheo  de…  dulces  bicos , centos e centos.
·  Unha carta con moitas…   luces e bos  desexos.
·  E  o sol , a  lúa ,  e unha estrela  amiga  cheas  de… risas  e  sorrisos .

Asi comezamos a vivir xuntos/as este tempo de NADAL...
 Aqui vos deixamos tamén os enlaces ás cancións coas que cantamos, bailamos e sentimos durante o concerto en familia: 


domingo, 7 de diciembre de 2014

Land Art no Parque da Bouza

LAND ART 
é unha tendencia da arte contemporáneo que emprega os materiais da natureza (madeira, pedras, follas, area, auga, cunchas ….) para elaborar obras de arte e esculturas perecedoiras EN CONTACTO COA NATUREZA, facendo intervencións en espazos naturais, como fixemos nós. 

Buscamos xuntos : 

-Desenvolvemento da creatividade e imaxinación.
-Recoñecer os elementos da natureza co seu nome en galego. 
-Respecto polas composicións elaborados polas demais persoas.
-Cooperación para traballar en pequeno grupo.
-Dar a coñecer e compartir coa comunidade educativa as nosas produccións.

     ¡¡Ollade o video...!!
 

Mercedes Páramo's Slidely by Slidely Slideshow 

 Con todo ello hacemos alusión al “land art”, una modalidad artística que trata de poner en relación directa al ser humano con su entorno; con la naturaleza en su sentido más amplio. La obra de arte no ha de cobijarse en una sala de algún museo; ha de estar al alcance de todos, como un elemento paisajístico más que pueda ser apreciado y valorado por amplios públicos, de la misma manera que se disfrutaría de la vista de una montaña, de una cala costera... 


 Así piensa: Carlos de Gredos: "Mi lugar de nacimiento" (2005-2006). Salamanca.

martes, 4 de noviembre de 2014



O CASTELO DO…    
 

           Desde fai días, historias de terror sobre castelos cheos  de pantasmas
 e outros amigos e amigas acompañaron as nenas e nenos  para preparar a visita
                                             “ao  Castelo  DO  MEDO“
                                
Un castelo cheo  dende o tellado ata as portas,
     “de moito, moito medo…, ¡¡¡de moitisiiiiiiiimoooo medooooo”!!!

 ¡¡¡ UN  DOS LUGARES  DE MÁIS  MEDO  DO MUNDO !!!

  A revista “TIME” o colocou entre os 10 lugares máis asombrosos do planeta…
                   
   Un castelo cheo de cuartos escuros….  nos que os seus habitantes non limpan, nin ordean. No que as arañas medran polos recunchos e as voces dos pantasmas, mesmo parecen sair das paredes…. e asustan sen parar… ¡Uuuuh, Uuuuh, Uuuuh!

    No percorrido polo “CASTELO DO MEDO”,  no que se podía visitar despois de  camiñar o pasadizo e  cruzar pola ponte:  a cociña, o salón de banquetes, a biblioteca, a sala de xogos, o pasadizo secreto, o vestidor, o laberinto e mesmo
a súa  marchosa e especial  discoteca.

    As nenas e nenos foron guiados para  descubrir e coñecer o  único e singular castelo  do MEDO  polo…  “MAIORDEMO”   dos “ CONDES   DO   CASTELO   DO   MEDO ”  que  acompañou a cada grupo e lles fixo unha visita guiada, na que perdian os medos pouco a pouco polos corredores e cuartos do mesmo…

Ollade o video da nosa visita  “O CASTELO DO MEDO” ,  descubride o ben que o pasamos e onde deixamos os nosos  medos.

Recursos  de axuda  para escorrentar o medo da cativada, dende unha merenda mostruosa hasta unha morea de contos….

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free digital slideshow customized with Smilebox




     Agradecer as familias, mestras/e, ANPA Castelao e amizades as axudas e colaboración na organización e celebración desta festa do “SAMAIN  2014”.
 ¡ Foi cansado e longo, pero valeu a pena !

¡ Moitas e asustas  grazas  das pantamas  e outros amig@s, para tod@s !

martes, 21 de octubre de 2014


Bastan cinco palabras –niña, bosque, flores, lobo, abuela - para que cualquier persona de nuestra sociedad evoque y responda,  es el cuento de :      
                         
                          “Caperucita Roja”.
                                                                    Gianni Rodari

¡¡¡ BENQUERIDAS AMIGAS E AMIGOS  !!!

Xa voltei das miñas vacacións coas maleta
 E os  petos cheos de libros, música, contos, lerias,
 xogos,  enredos,  e  agarimos .

O venres día 17 de outubro espero  saudarvos;

 xa que inaguramos a nova andaina de miña biblioteca Con contos lidos de:

  “Carapuchiñas de cores”

           que podemos atopar no libro de Bruno Munari “Carapuchiña, verde amararela, azul e branca”  Ed. Anaya.

Dende  a  semana vindeira semana xa empezarei a invitarvos  a ler, consultar, aprender e prestarvos libros  da miña

                             "BIBLIOTECA"


BICOS E AGARIMOS ,

POLO MAR,  A TERRA E  O VENTO DA VOSA AMIGA,

"A ESTRELA XELA"

   

  
Con esta carta de benvida a nosa amiga, “A ESTRELA XELA”, invitounos a coñecer e disfrutar dos contos das “CARAPUCHIÑAS DE CORES”, que nos leron as súas  amigas e amigos das escola.

Ollade o video para coñecer  a animación á lectura  das “Carapuchiñas de cores” coa canción de carapuchiña de fondo na lingua inglesa (clic no botón de play)





Libros de “CARAPUCHIÑAS “  que temos na biblioteca para prestarvos ou que podedes atopar nas  bibliotecas públicas ou nas librerías.      



Tamén  se poden  ver algúns destes contos e outros de carapuchiñas en video en internet escribindo o título,
e no  acceso que atopades  no blog  amangamiga, 

“CUENTOS PARA VER E LEER”


E PARA REMATAR O CONTO E O XOGO DIXITAL DE “LACITO ROJO”  EN FORMATO LIM: 

           

jueves, 2 de octubre de 2014

PERIODO DE ADAPTACIÓN

 “…O PERIODO DE ADAPTACIÓN”  


"A meta principal da educación que as nenas e os nenos que sexan capaces de facer cousas novas non simplemente de repetir o que outras xeracións fixeron; ser persoas creativas, inventoras e descubridoras, únicas. A segunda meta da educación é a de formar mentes que sexan críticas e tolerantes, que poidan verificar e non só aceptar todo o que se lles ofrece".  

JEAN PIAGET (Psicólogo suízo).


Recomendámoslle a lectura deste libro que está na Biblioteca do centro: 

¿POR QUE TENGO QUE IR A LA ESCUELA?: CARTAS A TOBIAS


Compartir tamén con todas e todos  2  pequenos contos:

 “UN PUÑADO DE BOTONES” e “UN PUÑADO DE BESOS”  para a reflexión sobre a diversidade de familias e nenos/as que nos atopamos na actualidade na sociedade e tamén na escola, e que nos invita a tod@s a ser tolerantes e flexibles no día a día.

                  
                                                                                                  



  Non está todo conseguido pero estamos no bo camino para navegar polos mares de aprender, coñecer, crear, descubir, vivir, convivir


Agradecer a tódolas  ” familias do alumnado” a colaboración e bo facer no tempo de adaptación á escola do seus fillos e fillas.






*Se pinchan nas imaxes poderán ver as fotografías en tamaño grande