O CASTELO DO…
Desde
fai días, historias de terror sobre castelos cheos de pantasmas
e outros amigos
e amigas acompañaron as nenas e nenos para preparar a visita
“ao Castelo DO MEDO“
Un
castelo cheo dende o tellado ata as
portas,
“de moito, moito medo…, ¡¡¡de
moitisiiiiiiiimoooo medooooo”!!!
¡¡¡ UN DOS LUGARES
DE MÁIS MEDO DO MUNDO !!!
A revista
“TIME” o colocou entre os 10 lugares máis asombrosos do planeta…
Un castelo cheo de cuartos escuros…. nos que os seus habitantes non
limpan, nin ordean. No que as arañas medran polos recunchos e as voces dos
pantasmas, mesmo parecen sair das paredes…. e asustan sen parar… ¡Uuuuh, Uuuuh,
Uuuuh!
No
percorrido polo “CASTELO DO MEDO”, no que se podía visitar despois de camiñar o pasadizo e cruzar pola ponte: a cociña, o salón de banquetes, a biblioteca,
a sala de xogos, o pasadizo secreto, o vestidor, o laberinto e mesmo
a súa marchosa e
especial discoteca.
As nenas e nenos foron guiados para descubrir e coñecer o único e singular castelo do MEDO polo… “MAIORDEMO” dos “ CONDES DO CASTELO DO MEDO ” que acompañou a cada grupo e lles fixo unha visita
guiada, na que perdian os medos pouco a pouco polos corredores e cuartos do
mesmo…
Ollade o video
da nosa visita “O CASTELO DO MEDO” , descubride o ben que o pasamos e
onde deixamos os nosos medos.
Recursos de axuda
para escorrentar o medo da cativada, dende unha merenda mostruosa hasta
unha morea de contos….
Free digital slideshow customized with Smilebox |
Agradecer
as familias, mestras/e, ANPA Castelao e amizades as axudas e colaboración na
organización e celebración desta festa do “SAMAIN 2014”.
¡ Foi cansado e longo, pero valeu a pena !
¡ Moitas e asustas grazas das pantamas e outros amig@s, para tod@s !
Impresionante e terrorífico. Gran traballo de todos e todas que mereceu a pena xa que os neos e as nenas disfrutaron moitísimo.
ResponderEliminarNoraboa pero moi especialmente noraboa ao alumnado por estar dunha escola tan especial