FONDO

miércoles, 20 de febrero de 2013

NOVAS DA ESTRELA XELA

  Hoxe no buzón de cada aula atopamos unha carta, siiiiiiiii que ilusión nos fixo abrilo sobre. Firmaba a  nosa amiga mais viaxeira e marchosa!!!



               Que ledicia xa podemos usala biblioteca do centro, antes compre recordar....





              Temos algunha que outra novidade, ollade pouco a pouco nos adaptaremos



             Temos nos andeis moitos libros novos, e tamén  moviliario para estrear e coidar


              Familias en breves recibiredes a guia de usuarios, comenza a aventura!!!



 

domingo, 17 de febrero de 2013

FESTA POPULAR, O ENTROIDO



O ENTROIDO é unha festa popular. A súa orixen é celebrar o remate do inverno e o inicio da primavera. Nela conflúen rituais cristiáns e paganos sendo a época na que se poden romper as normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironiar. É  a festa máis trouleira e xeneralizada no do calendario galego ainda que estivo prohibida.
En toda Galicia se celebran con diferentes costumes e celebracións. Os entroidos máis coñecidos en GALICIA son os de Laza, Xinzo, Lalín que se convirten por uns días por mor dos PELIQUEIROS E CIGARROS DE LAZA E VERÍN, PANTALLAS DE XINZO, OS  XERAIS DE BOQUEIXÓN, OS BOTEIROS DE VILARIÑOS DE CONXO, OS VOLANTES DE CHANTADA E OS MERDEIROS DE VIGO, entre outros...
O carácter de celebración popular do ENTROIDO mantívose a pesares de tempos de prohibición e censuras incorporando outros modos de celebralo socialmente o que levou co tempo a celebrar bailes de salón, desfiles de comparsas e festa de barrio ou pobo.
Os tempos cambian e as costumes tamén, pero é bo ter en conta e contarlle as novas xeneracións como eran as cousas antes. Dende o blog: amanaamiga queremos abrir unha pequena fiestra o ENTROIDO EN GALICIA e coñecer a variedade de celebracións  na nosa comunidade.








O entroido tamén chegou as escolas para vivir esta festa popular coa cativada, polo que se crean nas aulas e na escola recunchos que nos achegan a esta celebración como a casiña de disfraces, o salón de maquillaxe, o obradoiro da arte creativa no que se elaboran caretas e outros adubíos, ou mesmo a discoteca das mascaritas…

O traballo por proxectos que estamos a desenvolver nas aulas  é unha metodoloxía que partindo dos intereses d@s nen@s , o tema, neste caso o ENTROIDO, se toma como punto de partida o que saben e o que lles falta por saber, así van procurando información, clasificándoa, organizándoa, categorizándoa e asimilándoa. Tentando desenvolver experiencias de aprendizaxe ricas e significativas, creativas…
 Pero nunca se sabe  cales van ser os vieros polos que andará o grupo ou mesmo como vai rematar o proxecto. Pode ser nunha festa, ou a elaboración dun libro, ou mesmo unha cantiga ou teatro para compartir cos demáis…

Enlace coas opinións do blog:  innovarte sobre os disfraces  e a celebración do entroido nas escolas infantis.


http://innovarteinfantil.wordpress.com/2013/01/15/disfraces-en-serie-na-escola/

jueves, 17 de enero de 2013

TEMPO DE VENDIMA

O noso proxecto da vendima comezou cunha adiviña, o que nos levou a investigar todo o divertido mundo das uvas.

        SOMOS REDONDIÑAS
        DOCES COMA O MEL
        NOS  PISAN, NOS PISAN
        E  LOGO A BEBER.

Coñeceo connosco a través do vídeo que vos agasallamos.



E  XA PARA REMATAR UNHA CANCIÓN

        El juego del vino  consiste en pisar,
        Las uvas maduras que están en el lagar.
        Las piso, las piso y las vuelvo a pisar.
        Las uvas maduras  que están en el lagar.

miércoles, 19 de diciembre de 2012

SESIÓN CONTACONTOS CON ANXO MOURE



Anxo Moure, o noso amigo do  "Carballo con Botas" fixo realidade o soño de nen@s, e tamén de adult@s, ao construir no cumio dun carballo e dun castiñeiro unha casa para morar, ler e descubrir persoaxes fantásticos, e …
       “A CASA DAS ÁRBORES …
                        DO CARBALLO CON BOTAS”.
Pasade, pasade, estades xa en Garabelos, unha pequena aldea a sombra das montañas da Serra do Faro, e non moi lonxe do río Miño. Enriba dun castiñeiro e un carballo erguese a Casa das Árbores, un proxecto de animación cultural, unha escola aberta a natureza, un auditorio entre as follas, un centro de educación ambiental, unha biblioteca forestal e sobre todo un lugar de lecer onde escoitar uns contos que viven nas árbores.
Alí pódese coñecer a Graciano Zoqueiro, un trasniño Gaiteiro, que anda na procura da música das árbores e a quen vós podedes axudar. Esperámosvos, E non vos esquezades de traer a merenda para desfrutala enriba das árbores mentres ledes un libriño!
 Gracias e bicos Anxo polo contos, pola música, polos sorisos.