Anxo Moure, o noso amigo do
"Carballo con Botas" fixo realidade o soño de nen@s, e tamén de adult@s, ao construir no cumio dun carballo e dun
castiñeiro unha casa para morar, ler e descubrir persoaxes fantásticos, e …
“A CASA DAS ÁRBORES …
DO CARBALLO CON
BOTAS”.
Pasade,
pasade, estades xa en Garabelos, unha pequena aldea a sombra das montañas da Serra do
Faro, e non moi lonxe do río Miño. Enriba dun castiñeiro
e un carballo erguese a Casa das Árbores, un proxecto
de animación cultural, unha escola
aberta a natureza, un auditorio entre as follas, un
centro de educación ambiental, unha biblioteca forestal e sobre todo un lugar
de lecer onde escoitar uns contos que viven nas árbores.
Alí
pódese coñecer a Graciano Zoqueiro, un trasniño
Gaiteiro, que anda na procura da música das árbores e a quen vós podedes
axudar. Esperámosvos,
E non vos esquezades de traer a merenda para desfrutala enriba das árbores
mentres ledes un libriño!
Gracias e bicos Anxo
polo contos, pola música, polos sorisos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario