O ENTROIDO é unha festa popular. A súa orixen é
celebrar o remate do inverno e o inicio da primavera. Nela conflúen rituais
cristiáns e paganos sendo a época na que se poden romper as normas, cambiar de
personalidade ou identidade e ironiar. É
a festa máis trouleira e xeneralizada no do calendario galego ainda que
estivo prohibida.
En toda Galicia se celebran con diferentes costumes e
celebracións. Os entroidos máis coñecidos en GALICIA son os de Laza, Xinzo,
Lalín que se convirten por uns días por mor dos PELIQUEIROS E CIGARROS DE LAZA
E VERÍN, PANTALLAS DE XINZO, OS XERAIS
DE BOQUEIXÓN, OS BOTEIROS DE VILARIÑOS DE CONXO, OS VOLANTES DE CHANTADA E OS
MERDEIROS DE VIGO, entre outros...
O carácter de celebración popular do ENTROIDO
mantívose a pesares de tempos de prohibición e censuras incorporando outros
modos de celebralo socialmente o que levou co tempo a celebrar bailes de salón,
desfiles de comparsas e festa de barrio ou pobo.
Os tempos cambian e as costumes tamén, pero é bo ter
en conta e contarlle as novas xeneracións como eran as cousas antes. Dende o blog: amanaamiga queremos abrir
unha pequena fiestra o ENTROIDO EN GALICIA e coñecer a variedade de
celebracións na nosa comunidade.
O entroido
tamén chegou as escolas para vivir esta festa popular coa cativada, polo que se
crean nas aulas e na escola recunchos que nos achegan a esta celebración como
a casiña de disfraces, o salón de maquillaxe, o obradoiro da arte creativa no
que se elaboran caretas e outros adubíos,
ou mesmo a discoteca das mascaritas…
O traballo por
proxectos que estamos a desenvolver nas aulas
é unha metodoloxía que partindo dos intereses d@s nen@s , o tema,
neste caso o ENTROIDO, se toma como punto de partida o que saben e o que lles
falta por saber, así van procurando información, clasificándoa, organizándoa,
categorizándoa e asimilándoa. Tentando desenvolver experiencias de aprendizaxe
ricas e significativas, creativas…
Pero nunca se sabe cales van ser os vieros polos que andará o
grupo ou mesmo como vai rematar o proxecto. Pode ser nunha festa, ou a
elaboración dun libro, ou mesmo unha cantiga ou teatro para compartir cos
demáis…
Enlace coas opinións
do blog: innovarte sobre os
disfraces e a celebración do entroido
nas escolas infantis.
http://innovarteinfantil.wordpress.com/2013/01/15/disfraces-en-serie-na-escola/
No hay comentarios:
Publicar un comentario