FONDO

domingo, 29 de enero de 2012

¡¡¡ XA PASOU O NADAL!!!


       ... fai días andábamos atarefados  co
         “PROXECTO D0 NADAL”:
         Falar do nadal, lembrar o de outros anos...
         Facer as postais, preparar cancións, escribir cartas.
         Facer adornos para agasallar, decorar as cortizas,
         levar as cartas o buzón, ensaiar e facer decorados
         para o "CONCERTO DE NADAL" que axiña será.
        Recibir ó "APALPADOR” que nestas datas,
         ten costume de nos vir visitar.
        Facer galdrumadas no obradoiro de cociña,
         e tamén preparar a merenda  compartida de Nadal.
        Recoller e ordear as nosas cousas pois o trimestre 
         está a rematar
        Agarimos, bicos e felicitacións pois de vacacións
         imos marchar.

     … pedirvos disculpas xa que ata despois de nadal, 
     non tivemos tempo de podelo  narrar.
     ¡¡¡Unha morea de lembranzas e algunhas emocións,
     queremos compartir e tamén contar !!!   


                                      

domingo, 22 de enero de 2012

¡¡¡ A NOSA FESTA DO MEDO 2011 !!!

      Mouchos , coruxas, sapos, esqueletes e bruxas,
      demos, trasnos e morcegos, pantasmas e  e outras amigas e amigos…
      ¡¡ Imonos pintar!!      A  festa do medo está a chegar:

     ¡Que medo, que medo,  ábrese a porta dun castelo negro!
                       ¡¡ que negro todo está!!
      Pero dentro do labirinto ten luces e contos
      para soñar, viaxar e…tamén asustar.

     ¡Negro moi negro era tamén o ceminterio !
             ¡¡Que grande, negro e brillante  está!!
     Cheo de cadaleitos e de esqueletes que lles gusta bailar
        ¡¡¡Movendo so osos  nos queren  asustar!!!
           
      --- e cando pola mar do medo imos viaxar,
     Os peixes brilaban daqui, para alá, mesmo parece que están a nadar
     Nun barco pirata coa bandeira a zoar imos navegar.
     Por entre as rochas e  cobas cheas de sorpresas  descubrimos o mar
               ¡¡¡Todo era negro, moi negro no mar!!!
     Un polbo xigante na praia nos estaba a esperar.
     Con moito agarimo e música do mar abrazos nos dá
     ¡¡¡ O polbo amigo, nos despide  da festa do medo
     que xa está a piques de rematar!!!.

      Un Video da festa do medo que nos gusta lembrar

                            
                        
                       

      IMOS DE SEGUIDO  A PAPAR,
      UNHA MERENDA TERRORÍFICA PARA Ó MEDO ASUSTAR!

               ERA DE NOITE,
               ESTABA NEGRO…
               HABIA UN CASTELO,
               ABRIUSE A PORTA
               SAIU UN MORCEGO.
               METEU A MAN
               SACOU UN COITELO…
               ¡¡¡ UNTA NOCILLA, UNTA NOCILLA!!!

      ¡¡¡ ...E PARA O MEDO ASUSTAR.  E MELLOR  MERENDAR
      UN MENÚ TERRORÍFICO QUE NOS FAGA  MEDRAR !!!


                          

lunes, 2 de enero de 2012

" PIÑAS, PIÑÓNS E OUTRAS AMIZADES"

       PARA INICIAR O PROXECTO DE PIÑAS, PIÑÓNS E OUTRAS AMIZADES  VISITAMOS O “PARQUE DA BOUZA”,  QUE ESTÁ PRETO DA ESCOLA.
    ALI EXPLORAMOS E RECOLLIMOS AS PEGADAS DAS ÁRBORES, MEDIMOS, ULIMOS, OLLAMOS, E AINDA NOS QUEDOU TEMPO PARA CHOUTAR ENTRE AS ÁRBORES.
     COS TEXOUROS QUE ATOPAMOS NA CARBALLEIRA, NOS DIAS SEGUINTES, FIXEMOS UNHA CLASIFICACIÓN E ORGANIZAMOS  UNHA EXPOSICIÓN NA AULA.
     NESTE PROXECTO DE OUTONO INVESTIGAMOS SOBRE AS PIÑAS  FACENDO EXPERIMENTOS CON ELAS CANDO ESTÁN ABERTAS E PECHADAS QUE NOS LEVOU A FACER UN “PIÑÓMETRO” PARA MEDIR QUE TEMPO ESTÁ A FACER.
    TAMÉN TRANSFORMAMOS AS PIÑAS EN PERSOAXES, ANIMAIS E OUTROS OBXETOS COA AXUDA DA NOSA FAMILIA.
     AS FOLLAS DAS ÁRBORES E OUTRAS SEMENTES  DO OUTONO EMPREGAMÓLAS PARA DECORAR UN MURAL E FACER TAREFAS DE ARTE QUE ESTÁN A DECORAR A NOSA AULA, CORREDORES, TEITO  E CORTIZAS.
    GUSTOUNOS MOITO REMEXER NO OBRADOIRO DE COCIÑA PARA FACER AS “TOSTADIÑAS DE PIÑÓNS” E AS BROCHETAS DE FROITAS DE OUTONO.
    PARA REMATAR CELEBRAMOS O MAGOSTO, NO QUE ADEMAIS DE COMER MOITAS, MOITAS CASTAÑAS ASADAS  COAS PIÑAS; TODOS XUNTOS, XOGAMOS, BAILAMOS, CANTAMOS E COA BARRIGA CHEA… ¡TOCOU PINTARNOS E DEIXARNOS PINTAR!
      

                             

martes, 20 de diciembre de 2011

"NADAL SOLIDARIO, NADAL AMIGO 2011"


                        
           

                    …REMATADO ESTE LONGO    
              TRIMESTRE,   
                                 QUEREMOS 
               COMPARTIR CON TODOS VOS
                                    A NOSA
              AGARIMOSA FELICITACIÓN DE 
             NADAL 2011.
                      VÉMONOS Ó 9 DE XANEIRO,
                                  BOAS FESTAS!!!

miércoles, 7 de diciembre de 2011

!!!XOGANDO COA MÚSICA-1!!!

              Presentámosvos o proxecto anual de 
              achegamento á música. O longo deste 
              trimestre coñecimos unha morea de
              instrumentos:
          
“O VIOLÍN  DA VIOLINISTA
É UNHA CAIXA MELODIOSA
QUE  TEN CATRO CORDAS
QUE CON ARCO
E COS DEDOS SE TOCA”

             Aquí tedes unha pequena mostra
               da actuación da nosa amiga 
                 María  que nos visitou o 
                      3 de novembro.

                                      



“CHEGOU O OUTONO 
POLA CARBALLEIRA  
 DA BOUZA
VEN CHEO DE FOLLAS, 
PAUS, PIÑAS E PIÑÓNS.
CHEGOU O OUTONO SEN AVISAR
VEN CHEO DE MÚSICA
E DE RITMOS NAS MANS.
CHEGOU O OUTONO   
E  NOS VAI REGALAR
UN  CONCERTO DE AMIGOS
QUE NOS GUSTA MOITO LEMBRAR.

           
                 Ollade como disfrutamos
                 no Concerto de outono.
                 Os nosos amigos do 
                 Conservatorio da Florida 
                    recibíronnos con
                      moita marcha.
                
                               
                                   


“O CLARINETE  AMIGO ESTÁ A SOAR,
O CLARINETISTA ESTÁ A SOPRAR.
DESTE INSTRUMENTO MUSICAL DE VENTO,
QUE DE MADEIRA E METAL ESTÁ FEITO
A SÚA MÚSICA NOS GUSTA 
ESCOITAR E TAMÉN BAILAR”.


                  O xoves 1 de decembro 
                  o noso amigo Felipe fixo
                  as delicias dos presentes 
                  na Praza dos encontros.



   !!!GRACIÑAS ARTISTAS, UN PLACER DISFRUTAR
DA VOSA COMPAÑÍA COS INSTRUMENTOS
   E  AS VOSAS MELODÍAS!!!                 



lunes, 21 de noviembre de 2011

CONTOS DE MEDO

                 A nosa “AMIGA,  A ESTRELA XELA” 
                    recoméndanos contos de…  MEDO”

E chegou o medo ÓS CONTOS sen avisar…
Meteuse no armario e debaixo da cama.
Non sei se o medo será  grande ou pequeno,
pero eu teño medo, moito medo…
E chegou o medo  sen avisar… 
e meteuse nos contos para asustar.
No fondo do mar o medo agachado está,
na fraga, ou na casa pódemolo atopar.
O medo dos contos  non fai mal.
Os contos de medo pódense contar e contar,
e outra vez… volver a empezar.

Recomendarvos 3 contos de medo para a vosa biblioteca:


Título: A MIN NON ME COMAS!
Autoria: Margarita del Marzo e Vitali Konstantinov
Editoria: OQO
Precio: sobre 13,00 euros
Era unha noite sen lúa….  O reloxo daba a UNHA… DONG! 
Mateo espertou asustado.
Escoitara un ruído detrás da porta,
onde estaban colgados os abrigos.
Mirou cara a alí,
pero só viu unha sombra… Abriu moito os ollos, sen pestanexar,
e a sombra transformouse nun… ¡¡¡MONSTRO!!!




Titulo: “CHIVOS CHIVONES”  Conto popular
Editorial: KALANDRAKA
Precio sobre 12,00 euros

Había unha vez tres chivos que vivían no alto dunha montaña: un chivo chivón pequeno, un chivo chivón mediano e un chivo chivón grande.
   Un día viron unha herba moi verde que crecía o outro lado do río. Pero para chegar había que cruzar unha ponte, pero debaixo vivía un ogro terrible, que non deixaba pasar a ninguén.  O chivo pequeno, o chivo mediano e o  chivo grande tiveron que inxeniar a forma de burlar ó monstruo.
   Unha historia que nos amosa que a intelixencia e o inxenio poden máis ca forza física... para non ter medo.



TÍTULO: “YO DUERMO CON UN OSO
AUTORES: Antonio Abascal/BorJa Sauras
EDITORIAL: PINTAR Y PINTAR
PRECIO:13,00 EUROS

  Eu durmo cun oso de peluche e mil monstros preto da miña almofada.
  Antes tíñalles medo, agora non me fan nada.
  Un libro para escorrentar os monstros que nos asustan de pequenos... e de grandes.

 
… e tamén recomendarvos a grandes e pequenos 4 contos de medo… de moito medo… en formato dixital, que nos van gustar e tamén asustar…

A historia dun polbo  namorado…O medo que pasa  para atopala e outras aventuras.
Conto dunha cabaciña que vai a unha boda e polo camino atópase con varios “amigos… “que a  queren comer…

Fiz ten unha colección de medos… que aumenta día a día… igual que o seu cheiro.

Nadarín e un peixe pequeniño que no fondo do mar descubre o que é ter medo… moito medo ós peixes grandes.



E DENDE UNHA COVA… MOITOS BICOS DE MEDO,
E AGARIMOS DE ASUSTAR  DA VOSA AMIGMC900333238[1]A

MC900333238[1]"A  ESTRELA  XELA" 


  








domingo, 20 de noviembre de 2011

¿E TI VAS Á ESCOLA?


   O período de adaptación é o tempo  que as nenas e os nenos precisan para asimilar os cambios e facer a súa incorporación a Escola Infantil. Pasan dun ambente coñecido e seguro a outro desconocido, en moitos casos, supon tamén a primeira separación das figuras de apego.
    A entrada na escola implica a saída  do mundo familiar onde a nena e o neno ocupa un rol definido, onde se move nun espazo seguro, coñecido, protexido, onde se relaciona coa  súa familia, e cos máis achegados para chegar a un espazo novo e con persoas que non coñece.
   Chegar  por primeira vez a un lugar novo, non é fácil para ninguén.
    ¿A quen afecta?
                            ·A cada nena e neno
                            ·As familias
                            ·Os educadores
                            ·O grupo

   Neste proceso persoal de adaptación os cativos e cativas van coñecer un novo lugar e facelo propio para chegar a gozalo, establecer vinculos de relación… e, ¡ isto leva un tempo!
   A adaptación é de cada quen, é unha conquista persoal chea de emocións e vivencias, de experiencias propias e compartidas, de medos, de sonrisos, de xogos, de desexos e de inquedanzas.
   As nenas e os nenos van necesitar construir e abrir a súa dimensión social dende o coñecido (a súa familia) ata a súa Escola Infantil.

    PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN DAS FAMILIAS
  As nais, pais e outros familiares  teñen unha gran influencia neste momento que ven determinado como eles  vivan  a separación do seu fillo/a:  os seus temores, expectativas, a súa ansiedade, a súa seguridade ou inseguridade, o grado de  confianza nas posibilidades do neno/a, da escola como institución, das persoas que nela traballan.
   É de gran interese reseñar: o importante papel que a familia ten no proceso de adaptación do seu fillo/a, sen esquecer  que a famillia tamén ten que facer  a súa propia adaptación.
   Dende a escola se van abrir canles e de cooperación e colaboración familia-escola para facer xunto cos nenos e nenas este periodo doado,  para todas e todos, para por en xogo procesos cognitivos e afectivos complexos pero todos eles importantes no proceso de socialización que se deben ter en conta.

   O profesorado tera a responsabilidade de planificar e organizar coas familias a incorporación do alumnado nun período  de tempo recollido  no calendario escolar. Dende a  solicitude de matrícula no centro  ata o remate do período de adaptación con cartas, xuntanzas, entrevistas, folletos, libro de benvida, e outros documentos e extratexias que abran canles de para comunicarse e coñecerse.
   Sen esquecer que as experiencias sociais e educativas vividas terán unha gran influencia na historia escolar de cada nena e de cada neno e da súa familia.


                    Ollade o conto " Un papá a medida" que disfrutaron as
                              familias que acudiron á reunión do 18 de outubro!!!