PARA INICIAR O PROXECTO DE PIÑAS, PIÑÓNS E OUTRAS AMIZADES VISITAMOS O “PARQUE DA BOUZA”, QUE ESTÁ PRETO DA ESCOLA.
ALI EXPLORAMOS E RECOLLIMOS AS PEGADAS DAS ÁRBORES, MEDIMOS, ULIMOS, OLLAMOS, E AINDA NOS QUEDOU TEMPO PARA CHOUTAR ENTRE AS ÁRBORES.
COS TEXOUROS QUE ATOPAMOS NA CARBALLEIRA, NOS DIAS SEGUINTES, FIXEMOS UNHA CLASIFICACIÓN E ORGANIZAMOS UNHA EXPOSICIÓN NA AULA.
NESTE PROXECTO DE OUTONO INVESTIGAMOS SOBRE AS PIÑAS FACENDO EXPERIMENTOS CON ELAS CANDO ESTÁN ABERTAS E PECHADAS QUE NOS LEVOU A FACER UN “PIÑÓMETRO” PARA MEDIR QUE TEMPO ESTÁ A FACER.
TAMÉN TRANSFORMAMOS AS PIÑAS EN PERSOAXES, ANIMAIS E OUTROS OBXETOS COA AXUDA DA NOSA FAMILIA.
AS FOLLAS DAS ÁRBORES E OUTRAS SEMENTES DO OUTONO EMPREGAMÓLAS PARA DECORAR UN MURAL E FACER TAREFAS DE ARTE QUE ESTÁN A DECORAR A NOSA AULA, CORREDORES, TEITO E CORTIZAS.
GUSTOUNOS MOITO REMEXER NO OBRADOIRO DE COCIÑA PARA FACER AS “TOSTADIÑAS DE PIÑÓNS” E AS BROCHETAS DE FROITAS DE OUTONO.
PARA REMATAR CELEBRAMOS O MAGOSTO, NO QUE ADEMAIS DE COMER MOITAS, MOITAS CASTAÑAS ASADAS COAS PIÑAS; TODOS XUNTOS, XOGAMOS, BAILAMOS, CANTAMOS E COA BARRIGA CHEA… ¡TOCOU PINTARNOS E DEIXARNOS PINTAR!
cantas actividades,por eso algunha sempre esta cansada, moi divertido!!!
ResponderEliminarqué ben o pasamos todos, tanto nenos como adultos.... é tan gratificante ver cómo se sorprenden ó descubrir cousas novas, o mellor de todo é mirar as súas cariñas e escoitar todo o que din e preguntan.
ResponderEliminar