O período de adaptación é o tempo que as nenas e os nenos precisan para asimilar os cambios e facer a súa incorporación a Escola Infantil. Pasan dun ambente coñecido e seguro a outro desconocido, en moitos casos, supon tamén a primeira separación das figuras de apego.
A entrada na escola implica a saída do mundo familiar onde a nena e o neno ocupa un rol definido, onde se move nun espazo seguro, coñecido, protexido, onde se relaciona coa súa familia, e cos máis achegados para chegar a un espazo novo e con persoas que non coñece.
Chegar por primeira vez a un lugar novo, non é fácil para ninguén.
¿A quen afecta?
·A cada nena e neno
·As familias
·Os educadores
·O grupo
Neste proceso persoal de adaptación os cativos e cativas van coñecer un novo lugar e facelo propio para chegar a gozalo, establecer vinculos de relación… e, ¡ isto leva un tempo!
A adaptación é de cada quen, é unha conquista persoal chea de emocións e vivencias, de experiencias propias e compartidas, de medos, de sonrisos, de xogos, de desexos e de inquedanzas.
As nenas e os nenos van necesitar construir e abrir a súa dimensión social dende o coñecido (a súa familia) ata a súa Escola Infantil.
PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN DAS FAMILIAS
As nais, pais e outros familiares teñen unha gran influencia neste momento que ven determinado como eles vivan a separación do seu fillo/a: os seus temores, expectativas, a súa ansiedade, a súa seguridade ou inseguridade, o grado de confianza nas posibilidades do neno/a, da escola como institución, das persoas que nela traballan.
É de gran interese reseñar: o importante papel que a familia ten no proceso de adaptación do seu fillo/a, sen esquecer que a famillia tamén ten que facer a súa propia adaptación.
Dende a escola se van abrir canles e de cooperación e colaboración familia-escola para facer xunto cos nenos e nenas este periodo doado, para todas e todos, para por en xogo procesos cognitivos e afectivos complexos pero todos eles importantes no proceso de socialización que se deben ter en conta.
O profesorado tera a responsabilidade de planificar e organizar coas familias a incorporación do alumnado nun período de tempo recollido no calendario escolar. Dende a solicitude de matrícula no centro ata o remate do período de adaptación con cartas, xuntanzas, entrevistas, folletos, libro de benvida, e outros documentos e extratexias que abran canles de para comunicarse e coñecerse.
Sen esquecer que as experiencias sociais e educativas vividas terán unha gran influencia na historia escolar de cada nena e de cada neno e da súa familia.
familias que acudiron á reunión do 18 de outubro!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario