Un
curso escolar é como unha viaxe que empeza o 1 setembro e remata o
30 de xuño.
Para
preparar a nosa viaxe: planificamos, buscamos información, deseñamos
itinerarios e horarios, preparamos os materiais e recursos para que
coas maletas cheas cheguemos a bo porto.
Di
un antigo proverbio chino
“ QUE
UNHA VIAXE DE MIL MILLAS…
EMPEZA
CUN SIMPLE PASO”
Polo
que, coas nosas maletas preparadas, familias, alumnado e mestras
damos os primeiros pasos da nosa viaxe de mil millas en xuntanzas e
faladeiras para compartir proxectos, tarefas, festas, axudas, risas,
agarimos, contos, xogos, e centos de cousas máis.
Un
poeta anónimo susurranos:
Viaxar
é vivir e convivir.
Coñecer
novos mundos
e
paisaxes diversos.
É
mirar con outros ollos
e
descubrir novos segredos.
Viaxar
é o dia a dia,
e
vivir-con e con-vivir.
¡¡¡
BENVIDAS E BENVIDOS PARA EMPEZAR TODOS XUNTOS ESTA VIAXE DE MIL
MILLAS!!!
NOTA:
A nosa amiga “A ESTRELA XELA” mándanos un agasallo para “xogar
a pensar”co conto “A VIAXE DO RATO”, xa que ata outubro, cando
inagurará a súa biblioteca, estará de viaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario