FONDO

domingo, 16 de febrero de 2014



Na nosa escola levamos acabo un proxecto sobre avoas e avós, para achegar ás nenas e nenos ao mundo da terceira idade (traballando asi os valores do coidado, o respeto...); actualmente por desgraza a presenza das persoas maiores nos fogares é menor, as vivendas son cada vez máis pequenas...situacións que non nos permiten disfrutar dos nosos maiores como se merecen.

  Durante a realización deste proxecto, avoas e avós do noso alumnado visitaron a nosa escola para compartir con nós os seus talentos (cantar, pintar, xogar ao trompo, á petanca, calcetar, contar contos...); a continuación, mostramos unha pequena presentación coas fotos destes inolvidables momentos ademáis de outras actividades que fixemos relacionadas coa temática.




Como colofón ao noso proxecto, pareceunos unha moi boa idea visitar outras avoas e avós, que ainda que non fosen os nosos, tamén necesitan dos nosos agarimos, bicos, abrazos, debuxos...agasallos inmateriais pero que en definitiva son os que nos fan verdadeiramente felices a maiores e a pequenos.

Aqui lles deixamos unha mostra desta visita, e a continuación, o enlace ao programa da TVG "A revista" onde poden ver tamén unha reportaxe sobre a mesma:


ENLACE Á REPORTAXE DE "A REVISTA" (MIN. 57)


Por último, queremos dar o noso máis sinceiro agradecemento a:

Todas as avoas e avós dos nosos nenos e nenas e ás súas familias por colaborar no envío de documentación
Aos papás do noso alumnado que nos axudaron coa música, fotografías e vídeo da visita á residencia
Á residencia SANTA MARTA por abrirnos as súas portas e deixarnos compartir a preciosa xornada
Á TVG por axudarnos a difundir as nosas actividades
Ao CONCELLO DE VIGO pola sùa colaboraciòn
À empresa de transportes GALISUR

A TODOS E CADA UN DE VÓS...

MOITAS
 GRAZAS

lunes, 27 de enero de 2014


CON ESTE PEQUENO PROXECTO PINTURA DE LUZ OU "LIGHT painting"  PRETENDEMOS FACER UN ACHEGAMENTO A CIENCIA NAS AULAS. XA QUE A CIENCIA DEBE OCUPAR UN LUGAR PROTAGONISTA NO CURRICULUM DA EDUCACIÓN INFANTIL.
NESTA ETAPA EDUCATIVA, A CATIVADA DESCUBRE, COÑECE E COMPRENDE FENÓMENOS CIENTÍFICOS  QUE CONFORMAN A SÚA REALIDADE, POR ESO A NECESIDADE DE BRINDARLLES OCASIÓNS PARA PENSAR, PREGUNTAR, REFLEXIONAR, RAZOAR E COMO NON, DE DIVERTIRSE.
            DA MAN  E DA PAIXÓN QUE TRASMITE, CHEMA, O PAI DUNHA ALUMNA, DESCUBRIMOS DE FORMA DIVERTIDA E MÁXICA  A DESENVOLVER ACTITUDES POSITIVAS CARA A CIENCIA E OS SEUS MÉTODOS.
OBSERVAMOS:  miramos atentamente o mundo que nos rodea.
FACEMOS PREGUNTAS:   
porque ocorren eses fenómenos?
FORMULAMOS HIPÓTESES: @
s nen@s intentan dar algunhas explicacións previas os fenómenos que estamos estudando.
EXPERIMENTAMOS: levamos a cabo diferentes experiencias coa luz...
                             POLO QUE PODEMOS DECIR QUE…
¡¡A CIENCIA  PODE SER  DE CORES, DE MOITOS CORES !!


martes, 14 de enero de 2014



CUENTO: “Las tres preguntas”

Autor: LeónTolstói

Las tres preguntas es uno de los relatos más sencillos e impactantes de León Tolstói, una pequeña joya que nos habla de cómo vivir la vida con la intensidad que merece, del verdadero valor de cada momento, de la importancia de quienes nos rodean y de la utilidad del altruísmo.

Un pequeño cuento filosófico que será una delicia para todas las edades.


Las ilustraciones,de Raquel Marín, acompañan este maravilloso texto.


Cierto emperador pensó un día que si se conociera la respuesta a las siguientes tres preguntas, nunca fallaría en ninguna cuestión. Las tres preguntas eran: 


¿Cuál es el momento más oportuno para hacer cada cosa?

¿Cuál es la gente más importante con la que trabajar?

¿Cuál es la cosa más importante para hacer en todo momento?


Tres grandes preguntas que nos hacemos en los más diversos contextos, a las que se pueden responder de muy diferentes maneras, pero las respuestas que da León Tolsói puede que sean las más ciertas:


El momento más adecuado es sólo uno, “AHORA”


La persona más importante es aquella con la que estás “AHORA”


Y la tarea más importante es “HACERLE EL BIEN AHORA”


Desde este enlace puedes leer una versión del cuento de de León Tolstoi 





Además, les dejamos este enlace a un pequeño corto que seguramente muchos ya conocen pero que vale la pena recordar...


viernes, 20 de diciembre de 2013




BICOS DE NADAL, PARA AGASALLAR.
BICOS DE NADAL, QUE DULCES ESTÁN.
BICOS DE NADAL, QUE SABEN CANTAR.
BICOS DE NADAL, POLO CEO A VOAR.
BICOS DE NADAL, NOS PETOS GARDAR.
BICOS DE NADAL, UN CENTO NAS MANS.
BICOS DA NADAL, OS CORES DO MAR.
BICOS DE NADAL, POLO AIRE SE VAN.
BICOS DE NADAL, DE NUBES E SAL.
BICOS DE NADAL, REDONDOS  SERÁN.
BICOS DE NADAL, DE MAMÁ E PAPÁ.
BICOS DE NADAL, ¿ ONDE ESTÁN…?


Eiqui vos deixo un vídeo que mola moito. Disfrutádeo.



Para velo vídeo, utilizade o Google Chrome. Éste ten sonido, prema no altavoz para escoitala música.

  Sede felices!!! non deixedes de cantar...

jueves, 5 de diciembre de 2013

PROXECTO:OS FROITOS SECOS E OUTROS AMIGUIÑOS/AS

Coa chegada do outono, os nenos e nenas de 5 anos (Confetis e Trasnos Máxicos) estabamos tan emocionados que acordamos investigar sobre esta alaranxada, amarela, marrón...estación. 

Démonos conta de que había moitas cousas que xa sabiamos, e outras que..non tanto!, polo que axiña nos puxemos mans á obra facendo especial fincapé este ano nos froitos secos e as súas amigas as froitas.

  Coa súa posta en marcha: descubrimos, analizamos, propoñemos, investigamos en diversas fontes...

  Como xa estamos a piques de rematar este proxecto, aqui vos mostramos as nosas achegas e producións.

Facendo clic poderán velas



Para rematar, queremos agasallarvos a todos vós co poema de outono que nós mesmos/as inventamos:

Outono, outono
que segredos gardas?
moitas folliñas e ricas castañas

Outono, outono
e que máis nos podes dar?
biquiños de vento para vos namorar




e o seguinte enlace a esta canción:

http://www.youtube.com/watch?v=qRa7Dw2Ekn4


domingo, 1 de diciembre de 2013

Celebracións outonais



Volve xa o outono,
na escola temos o magosto,
os cantos xunto a fogata
ó máxico son da gaita.

Volven as folliñas
lixeiras e secas
fatigadas de troular
a tapizar o chan dos parques

Volven os amigos,
xuntos a escoitar
a música de Mozart
o piano non deixa de soar.

Enredando cas folliñas
descubrimolo land art,
adornámolos pasillos
cas cousas que fixemos a man.

Pinchade na imaxe e veredes...


jueves, 7 de noviembre de 2013

SAMAÍN




           ¡¡¡  VAI DE VAMPIROS  !!             


“FESTA  DO  MEDO”- O SAMAÍN  2013  

   Ao longo da historia en numerosas culturas apareceron diversas crenzas sobre vampiros, tanto na súa mitoloxía comono folclore de pobos moi diferentes entre si. Culturas como a mesopotámica, a xudía, a grega e a romana inclúen dentro das súas mitoloxías contos acerca de entidades demoníacas  que se consideran precursores dos vampiros modernos. , nos que conflúen diversos MEDOS, sobre todo á escuridade oua enfermidade.

O Samain é a nosa festividade de orixe celta máis importante,na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro se celebraba o final da tempada de colleitas coas festas do medo. Hoxe en día, séguese celebrando ano tras ano o Samain galego en gran parte de cidades e pobos de Galicia, talando caveiras e disfrazádonos de persoaxes e animais reais ou inventados para asustar a grandes e pequenos.
 POLO QUE , PARA CELEBRAR “O SAMAIN” CON MEDO, MOITO MEDOOOOO... 
OS VAMPIR@S E OS SEUS AMIGOS ENCHERON A
ESCOLA: DE SONS…., DE OSCURIDADE….,
 DE MEDO…, DE RISAS…, DE RITUIAIS…,
DE SONRISOS…, DE  BERROS…,
DE CANTIGAS, MOITAS CANTIGAS PARA…
“ESCORRENTAR OS MEDOS”.

ATA AS NOSAS AMIGAS “DONA VICTORIA” E  A “ESTRELA XELA” VIÑERON DISFRAZADAS DE VAMPIRAS A NOSA FESTA DO MEDO



QUE FOI…


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own