FONDO

martes, 22 de mayo de 2012

COS TRES AGASALLOS DA "ESTRELA XELA"




Con estes tres agasallos a “ESTRELA XELA “ pecha a súa biblioteca ata setembro. Ten que revisala  e ordeala antes de marchar de vacacións. Pero seguro que nos sorprenderá con novos libros e propostas para o vindeiro curso escolar.




AGASALLO Nº1     


                                    UN CONTO DE BOCA,
PARA LER, CONTAR, ESCOITAR E VOLVER A CONTAR…
                            


PRETO DA CASIÑA DE CHOCOLATE, NA RÚA DO TURRÓN,
VIVÍA UNHA NENA --- “CARAPUCHIÑA MARRÓN”--.

TODA A RÚA TIÑA ARRECENDO A “MARRÓN GLASSE”,
A CHOCOLATE E MESMO A PASTEL.

O  PAI DE CARAPUCHIÑA MARRÓN ERA PASTELEIRO
E FACÍA BOMBÓNS, TORTAS DE CHOCOLATE,
GALLETAS, XEADOS , GALDRUMADAS  E TAMÉN TURRÓN.

UN DÍA  DE INVERNO QUE NON FACÍA SOL,
“CARAPUCHIÑA MARRÓN” SAÍU O BALCÓN.
VEU VOANDO UNHA ABELLA E NO CÚ LLE PICOU
---¡ NON SON UN PASTEL E TAMPOUCO UN BOMBÓN!-
BERRABA CARAPUCHIÑA MARRÓN DENDE O SEU BALCÓN.

AS NUBES ESCOITARON BERRAR A CARAPUCHIÑA  MARRÓN.
---¡NON SON UN PASTEL E TAMPOUCO UN BOMBÓN!-
E DA RISA QUE LLES DEU PUXÉRONSE A CHOVER
XEADOS DE CHOCOLATE E TAMÉN PINGAS DE MEL.

A XENTE QUE PASABA POLA RÚA DO TURRÓN
BUSCABA DE ONDE VIÑAN OS BERROS,
MIRANDO PARA O BALCÓN,
POLO QUE, ESBARRABAN E CO CÚ DABAN NO CHAN.
XA POSTOS, SENTÁBASE A COMER
A CHOIVA XEADA E AS PINGAS DE MEL.

… E AÍNDA QUE A VÓS VOS POIDA PARECER MENTIRA,
O CONTO DA CARAPUCHIÑA MARRÓN
QUE EMPEZABA NA RÚA DO TURRÓN,
CANDO CARAPUCHIÑA BERRABA NO BALCÓN
E CHOVEU  CHUVIA DOCE,
POR HOXE, ¡XA REMATOU¡


Este conto da ·CARAPUCHIÑA MARRÓN”  foi un agasallo  as nenas e nenos da “EEI CRISTO DA VICTORIA”
para o seu proxecto de Fomento do Galego que fixeron a partires do libro de Bruno Munari
“CARAPUCHINAVERMELLA, VERDE,AMARELA, AXUL E BRANCA”
e que está editado en galego pola Editorial Anaya.


                AGASALLO nº2         


Segundo PACO OBRIL escritor e creador de fantasias,  os contos teñen “DONS”  que fan que nos gusten, nos lembren outas persoas, que nos leven de viaxe, que nos fan pensar, soñar, coñecer, falar, imaximar…

Escribe PACO ABRIL que os “DONS” máis coñecidos dos contos, tanto dos que se len, como dos que se  contan ou se  crean son:


·        O DON DO AGARARIMO…
·        O DON DO CONSOLO…
·        O DON DA PALABRA …
·        O DON DE FACER PENSAR…
·        O DON DE IMAXINAR…
·        O DON  DE QUERER SABER …
·        O DON DE IDENTIFICARSE CON…
·        O DON DE CONTAR E CONTAR…
·        O DON DE COMPARTIRLOS
·        O DON DE QUERER MAÍS
·        O DON DE SOÑAR…
·        O DON DA EMOCIÓN …
·        O DON DO MEDO….
·        O DON DE LEMBRAR…
·        O DON DE DESCUBRIR…


OS “DONS DOS CONTOS” PODEMOS RESUMILOS NUN,  SI OS POMOS PRETO DO CORAZON E DAS EMOCIÓNS

“…. CONTAR E CONTAR E O CONTO DE NUNCA
    ACABAR,  E SEMPRE VOLTAR A CONTAR”

Paco Abril, cóntanos en Apuntes para una teoría del contar
que o que realmente lles gusta as nenas e nenos son os contos contados con gañas, cheos de emocións, os cantados co corazón.






                                             AGASALLO Nº3        



Algúns enlaces para atopar contos diferentes, contos con “DONS”

 CONTOS ESCRITOS E DISEÑADOS CON AGARIMO, PENSANDO NAS

NENAS E NENOS DAS PRIMERAS IDADES E TAMÉN NOS MAIORES



EDITORIAL OQO: http://www.oqo.es/

EDITORIAL KALANDRAKA: http://www.kalandraka.com/


EDITORIAL SIETELEGUAS: http://sieteleguas.es/





EDITORIAL CORIMBO: http://www.corimbo.es/



Cando visitedes  nas vacacións  feiras do libro e librerías , os  libreiros poden aconsellavros na elección de libros   con “DONS”   
para grandes e pequenos.

                  A VOSA AMIGA,
                                 A ESTRELA XELA

                   DESPÍDESE DE NENAS, NENOS, FAMILIAS E MESTRAS:

¡¡CUN CONTO NA BOCA, PARA CONTAR

OTRO NA ORELLA, PARA ESCOITAR

E UN LIBRO NA NAN, PARA GARDAR!!

¡ ¡BOAS E LONGAS VACACIÓNS DE VERÁN CON LIBROS E SOL!!
                         




domingo, 6 de mayo de 2012

¡ XOGANDO COA MÚSICA Nº 2 !



Segunda parte do proxecto de achegamento a música.
Neste trimestre  coñecemos música de  Vivaldi, Mozart e Weethovent . 
Tamén viñeron  a nosa escola varios amigos músicos cos seus  instrumentos. Esta é unha pequena mostra das actividades realizadas no proxecto de ¡xogando coa música!

A MÚSICA DO TECLADO ESTÁ A SOAR
TECLAS BRANCAS E NEGRAS QUE  COAS DÚAS MANS SE PODEN TOCAR.
PIANO, TECLADO, ACORDEON, ÓRGANO, CLAVE, ARMONIO E PIANO DE COLA
TEÑEN MOITAS TECLAS  BRANCAS E NEGRAS  PARA TECLEAR
¡A SÚA MÚSICA NOS GUSTOU ESCOITAR!
                                     Ollade unha breve montaxe do noso encontro con Sergio
             

Click to play this Smilebox presentación


Create your own presentación - Powered by Smilebox
This presentación created with Smilebox




“TIRULIRO, TIRULIRO…
OS AMIGOS DO GRUPO DE  “CARAMUXO”  FELIPE  E  XOANCA
COS SEUS CLARINETES  VIÑERON A NOSA ESCOLA TOCAR
UN CONCERTO DE AMIGOS “UN CONCERTO DE PAZ”.
PATRICIA NA PERCUSIÓN, DALLE A CAIXA E O TAMBOR
 A MÚSICA  ESTÁN A SOAR   SEN PARAR
¡XUNTOS POIDEMOS COAS PALMAS ACOMPAÑAR  E  TAMÉN BAILAR!

                                              Escoita, escoita e descurirás….
                                         É a música da paz que nas nosas orellas
                                               imos gardar para lembrar,
                                      cando estemos cansos, cando teñamos gañas de soñar




        


O BOMBARDINO É UN INSTRUMENTO DE METAL E VENTO,
QUE PARA TOCALO CUNHA MAN TÉMOLO QUE AGARIMAR
E COA OUTRA OS SEUS  3 PISTÓNS  IMOS TOCAR.
SOPRAR  E SOPRAR  NA BOQUILLA  DO BOMBARDINO
 PARA  QUE POIDAMOS A SUA VOZ ESCOITAR.
 AS VECES  NOS PODE LEMBRAR  A…
 UN MOSCARDÓN, UN ELEFANTE  OU  MESMO UN LEÓN…

                                          O amigo Fran nos veu ensinar o seu bombardino
                                              que coidaba  e tocaba con moito agarimo.
                                                  ¡Que divertido foi escoitar a súa voz!

                
                         

jueves, 3 de mayo de 2012

“ 4º FEIRA DO LIBRO USADO – 2012 ”



Contan que contan…
que había unha vez  libros esquecidos
que vivían nos andeis dunha  biblioteca,
eles querían cambiar de dono/a e que os leran de novo.

Na  “FEIRA DO LIBRO USADO… “
que se atopaba na praza dos encontros
os cativos e cativas descubrimos nos libros  novas e vellas historias
para voltar a contar e tamén para cambiar.

Celebramos “o 23 de abril o día do libro no seu 80” aniversario--
intercambiando pequenos agasallos
como marcapáxinas, poemas ilustrados
contos mínimos e contos con pictogramas.

Tamén cantamos, recitamos e bailamos
novos e vellos  poemas contos e cantigas
na compaña algunas avoas  amigas
que na escola nos visitaron.

… e pode ser verdade, e pode ser mentira;
pero esta é a historia da “4º feira do libro usado”
que así como cha conto, por esta ano, xa está pechada.

Como agasalo un pequeno video da 4º feira do libro usado
no que se recollen algúnhas das propostas realizadas.



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow personalized with Smilebox

miércoles, 18 de abril de 2012

¿COMO PODE SER A ESCOLA DO MAÑÁ?


       
    O pasado mes de febreiro tivo lugar no Auditorio do Parque das Ciencias de Granada, unha conferencia do psicopedagogo Francesco Tonucci, referente mundial na atención educativa á primeira infancia,  co suxerinte título: ¿Cómo puede ser la escuela para el mañana?”
     Na súa intervención fai un percorrido pola escola que foi e a súa evolución ao longo deste últimos anos, centrando o discurso na importancia de facer da escola do mañá unha escola para todas e todos non unha escola para uns poucos como acontecía noutros tempos.
     Pero na súa análise detecta que a escola actual non é inclusiva nin é para todas e todos,  porque  segue primando e valorando unhas determinadas capacidades en detrimento doutras, desaproveitándose as verdadeiras potencialidades e posibilidades que cada nena e neno ten e que son fundamentais para sentirse realmente aceptado, valorado e motivado.
     Un dos camiños a seguir na procura  dunha escola para todas e todos é a potenciación da mesma  como referente cultural rico e estimulante . Neste sentido é fundamental  coidar moito o deseño dos diferentes espazos e ambientes da escola,  ambientes que sexan amables , pracenteiros e verdadeiramente  significativos, unha escola  que ofreza a posibilidade de tomar contacto coa música de calidade, cos libros , a literatura , as artes … en definitiva  unha escola rica en estímulos.
     Outro aspecto fundamental que a escola actual  e a escola do mañá ten que ter presente é a apertura de cara ás pequenas e pequenos, ten que ser unha escola , onde as e os profesionais tomen conciencia de que o primeiro momento educativo é a escoita.
     Que a escola recoñeza a unha crianza capaz, para iso é preciso ofrecer un abano amplo de linguaxes, e confiar na excelencia de cada quen, todas e todos temos a posibilidade de ser bos en algo, é un desafío para a escola, nais, pais e profesionais permitir que nenas e nenos desenvolvan ao máximo as súas potencialidades.
     A proposta que Francesco Tonucci fai de cara a realmente construír unha escola inclusiva e de calidade para todos é a partir da mellora na formación dos distintos profesionais , esta é unha chave fundamental para que haxa realmente un cambio , por moito que muden as leis educativas, se as e os profesionais non están formados para atender e formar na diversidade , non se conseguirá realmente unha boa escola.
     Isto é un pequeno resumo desta interesante conferencia que vos convidamos a ver e escoitar atentamente para que poidades sacar as vosas propias conclusións, e desexamos que entre todas e todos nós sexamos quen de construír esta escola do mañá.


jueves, 12 de abril de 2012

...HABÍA UNHA VEZ UN CONTO !!!


O 2 de abril, celébrase o día Internacional do Libro Infantil, unha data proposta do IBBY desde 1967, que conmemora o nacemento de Hans Christian Andersen. Cada ano encoméndaselle a un autor a escrita dunha mensaxe que se traduce a 40 idiomas; nesta ocasión, a que vimos de ler, a cargo do mexicano Francisco Hinojosa, coa ilustración de Gedovius.
                                              
Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro…
 Ese conto en realidade non era un só, senón moitos máis que comezaron a poboar o mundo coas súas historias de nenas desobedientes e lobos sedutores, de zapatiños de cristal e príncipes namorados, de gatos enxeñosos e soldadiños de chumbo, de xigantes bonachóns e fábricas de chocolate. Poboárono de palabras, de intelixencia, de imaxes, de personaxes extraordinarios. Permitíronlle rir, asombrarse, convivir. Cargárono de significados. E dende aquela eses contos continuaron multiplicándose para dicirnos mil e unha veces

“Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro”…
Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos estamos exercitando a imaxinación, coma se fose necesario adestrala para mantela en forma. Algún día, seguramente sen que o saibamos, unha desas historias acudirá ás nosas vidas para ofrecernos solucións creativas aos obstáculos que se nos presenten no camiño.
Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos en voz alta tamén estamos repetindo un ritual moi antigo que cumpriu un papel fundamental na historia da civilización: facer comunidade. Ao redor deses contos reuníronse as culturas, as épocas e as xeracións para dicirnos que somos un só os xaponeses, os alemáns e os mexicanos; aqueles que viviron no século XVII e nós que lemos un conto en Internet; os avós, os pais e os fillos. Os contos énchennos por igual aos seres humanos, a pesar das nosas enormes diferenzas, porque todos somos, no fondo, os seus protagonistas.

Ao contrario dos organismos vivos, que nacen, se reproducen e morren, os contos, que xorden colmados de fertilidade, poden ser inmortais. En especial aqueles de tradición popular que se adecúan ás circunstancias, ao contexto do presente no que son contados ou reescritos. Trátase de contos que, ao reproducilos ou escoitalos, os converten nos seus coautores.

E había unha vez, tamén, un país cheo de mitos, contos e lendas que viaxaron polos séculos, de boca en boca, para exhibir a súa idea da creación, para narrar a súa historia, para ofrecer a súa riqueza cultural, para excitar a curiosidade e encher de sorrisos os beizos. Era tamén un país no que poucos dos seus poboadores tiñan acceso aos libros. Pero esa é unha historia que xa empezou a cambiar. Hoxe os contos están chegando cada vez máis a recunchos afastados do meu país, México. E ao atoparse cos seus lectores están cumprindo co seu papel de facer comunidade, facer familia e facer individuos con maior posibilidade de ser felices.

Agasallo  que atopamos no blog amigo: http://innovarteinfantil.wordpress.com/

martes, 6 de marzo de 2012

CHEGOU A TROULA DENDE O FONDO DA RIA!!!

      ...Ondiñas veñen,
            ondiñas veñen
              ondiñas veñen e van
                 non te vaias Rianxeira
                    que te vas a marear...

     Da man da tradicional canción chegou a troula á escola
                    "Ai entroido, ai entroido ai entroido
                      tempo do mundo ó revés..."


            Nesta volta os nenos e nenas miramos
            cara o fondo do mar e montad@s nas
       ondiñas da Rianxeira desfilamos de piratas,
  estrelas, mexillóns, fondo mariño e redes mariñeiras.

        Que ben o pasamos e canto disfrutamos na
   compaña das familas  durante o desfile de comparsas,
        no momento das actuacións, e da merendola
           de galdrumadas típicas deste tempo!!!

Grazas familias pola vosa colaboración na elaboracíon dos disfraces
                e dos doces que merendamos,
          sen a vosa axuda estas festas non serían posibles.!!!

              Ondiñas veñen,
                   ondiñas veñen...

                   

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Create your own presentación

Coa queima do noso meco, o señor Tentáculos
damos por finalizado o tempo de entroido
ata o ano que ven!!!