Con
estes tres agasallos a “ESTRELA XELA “ pecha a súa biblioteca ata setembro. Ten
que revisala e ordeala antes de marchar
de vacacións. Pero seguro que nos sorprenderá con novos libros e propostas para
o vindeiro curso escolar.
UN CONTO DE BOCA,
PARA LER, CONTAR,
ESCOITAR E VOLVER A CONTAR…
PRETO DA CASIÑA DE
CHOCOLATE, NA RÚA DO TURRÓN,
VIVÍA UNHA NENA --- “CARAPUCHIÑA
MARRÓN”--.
TODA A RÚA TIÑA
ARRECENDO A “MARRÓN GLASSE”,
A CHOCOLATE E MESMO A PASTEL.
O PAI DE CARAPUCHIÑA MARRÓN ERA PASTELEIRO
E FACÍA BOMBÓNS, TORTAS
DE CHOCOLATE,
GALLETAS, XEADOS ,
GALDRUMADAS E TAMÉN TURRÓN.
UN DÍA DE INVERNO QUE NON FACÍA SOL,
“CARAPUCHIÑA MARRÓN”
SAÍU O BALCÓN.
VEU VOANDO UNHA ABELLA
E NO CÚ LLE PICOU
---¡ NON SON UN PASTEL E
TAMPOUCO UN BOMBÓN!-
BERRABA CARAPUCHIÑA
MARRÓN DENDE O SEU BALCÓN.
AS NUBES ESCOITARON
BERRAR A CARAPUCHIÑA MARRÓN.
---¡NON SON UN PASTEL E TAMPOUCO
UN BOMBÓN!-
E DA RISA QUE LLES DEU
PUXÉRONSE A CHOVER
XEADOS DE CHOCOLATE E
TAMÉN PINGAS DE MEL.
A XENTE QUE PASABA POLA
RÚA DO TURRÓN
BUSCABA DE ONDE VIÑAN
OS BERROS,
MIRANDO PARA O BALCÓN,
POLO QUE, ESBARRABAN E CO CÚ
DABAN NO CHAN.
XA POSTOS, SENTÁBASE A COMER
A CHOIVA XEADA E AS PINGAS DE
MEL.
… E AÍNDA QUE A VÓS VOS POIDA
PARECER MENTIRA,
O CONTO DA CARAPUCHIÑA MARRÓN
QUE EMPEZABA NA RÚA DO TURRÓN,
CANDO CARAPUCHIÑA BERRABA NO
BALCÓN
E CHOVEU CHUVIA DOCE,
POR HOXE, ¡XA REMATOU¡
Este conto da ·CARAPUCHIÑA
MARRÓN” foi un agasallo as nenas e nenos da “EEI CRISTO DA VICTORIA”
para o seu proxecto de Fomento
do Galego que fixeron a partires do libro de Bruno Munari
“CARAPUCHINAVERMELLA,
VERDE,AMARELA, AXUL E BRANCA”
e que está editado en galego
pola Editorial Anaya.
AGASALLO nº2
Segundo PACO OBRIL escritor e creador de fantasias, os contos teñen “DONS” que fan que nos gusten, nos lembren outas
persoas, que nos leven de viaxe, que nos fan pensar, soñar, coñecer, falar,
imaximar…
Escribe PACO ABRIL que os “DONS” máis coñecidos dos contos, tanto dos
que se len, como dos que se contan ou se
crean son:
·
O DON DO AGARARIMO…
·
O DON DO CONSOLO…
·
O DON DA PALABRA …
·
O DON DE FACER PENSAR…
·
O DON DE IMAXINAR…
·
O DON DE QUERER
SABER …
·
O DON DE IDENTIFICARSE CON…
·
O DON DE CONTAR E CONTAR…
·
O DON DE COMPARTIRLOS
·
O DON DE QUERER MAÍS
·
O DON DE SOÑAR…
·
O DON DA EMOCIÓN …
·
O DON DO MEDO….
·
O DON DE LEMBRAR…
·
O DON DE DESCUBRIR…
OS “DONS DOS CONTOS” PODEMOS
RESUMILOS NUN, SI OS POMOS PRETO DO
CORAZON E DAS EMOCIÓNS
“….
CONTAR E CONTAR E O CONTO DE NUNCA
ACABAR, E SEMPRE VOLTAR A CONTAR”
que o que realmente lles gusta
as nenas e nenos son os contos contados con gañas, cheos de emocións, os
cantados co corazón.
AGASALLO Nº3
Algúns enlaces para atopar contos diferentes, contos con “DONS”
CONTOS ESCRITOS E DISEÑADOS CON
AGARIMO, PENSANDO NAS
NENAS E NENOS DAS PRIMERAS IDADES E TAMÉN NOS MAIORES
EDITORIAL PINTAR E PINTAR.: http://www.pintarpintar.com/index.php?s=editorial
EDITORIAL OQO: http://www.oqo.es/
EDITORIAL KALANDRAKA: http://www.kalandraka.com/
EDITORIAL KOKINOS: http://www.editorialkokinos.com/
EDITORIAL SIETELEGUAS: http://sieteleguas.es/
EDITORIAL S.M.: http://www.grupo-sm.com/inicio.asp
EDITORIAL GALAXIA: http://www.editorialgalaxia.es/
EDITORIAL XERAIS: http://www.xerais.es/cgi-bin/index.pl
EDITORIAL JUVENTUD: http://www.editorialjuventud.es/
EDITORIAL CORIMBO: http://www.corimbo.es/
EDITORIAL COMBEL: http://www.combeleditorial.com/
Cando
visitedes nas vacacións feiras do libro e librerías , os libreiros poden aconsellavros na elección de
libros con “DONS”
para grandes e pequenos.
A VOSA AMIGA,
“A ESTRELA XELA”
DESPÍDESE DE NENAS, NENOS, FAMILIAS E
MESTRAS:
¡¡CUN CONTO NA BOCA, PARA CONTAR
OTRO NA ORELLA, PARA ESCOITAR
E UN LIBRO NA NAN, PARA GARDAR!!
¡ ¡BOAS E LONGAS VACACIÓNS DE
VERÁN CON LIBROS E SOL!!
desexamoslle bon veran a Estrela Xela, que se merece un descanso e que renove as enerxias para o proximo septembro. pronto nos reencontramos un bikiño e BOAS VACACIONSSSSS
ResponderEliminar