Desde o comezo do mes de outubro, historias de terror sobre MEIGAS encheron as nosas aulas e corredores e empaparon aos nenos e nenas da nosa escola...
Durante días estivéronse preparando para realizar unha visita especial chea de medo...de moito medo...
a..."CASA DAS MEIGAS "
MEIGA é o nome que se da en Galicia á bruxa ou feiticeira.
Contan as lendas que existen meigas de moitos tipos...
AS FEITICEIRAS: SON AQUELAS QUE FAN FEITIZOS E HIPNOTIZAN AOS NENOS/AS
AS VOLADOIRAS: VOAN FACENDO PIRUETAS COA SÚA BASOIRA
AS CARTUXEIRAS: BOTAN AS CARTAS E PREDIN O FUTURO
AS ASUMCORDAS: SON MEIGAS ESPÍAS
...
A CASA DAS MEIGAS que visitamos estaba chea de cuartos escuros…. No que cabazas eran as únicas que alumeaban os nosos pasos e os choros das meigas parecían sair das paredes…. e asustar sen parar...
No percorrido atravesamos complicados pasadizos de teas de araña, atravesamos a habitación de convidados (cheíño dos seus amigos/as que nos asustaban sen descanso), ecoitamos atentos/as historias de meigas, axudámoslle a unha a atopar no trasteiro o seu gorro, gato negro, vasoira e chaves e.... para celebralo bailamos na súa marchosa e especial discoteca.
Visita guiada, na que perdian os medos pouco a pouco polas súas dependencias...
Ollade o video da nosa visita descubride o ben que o pasamos e onde deixamos os nosos medos...somos uns/unhas valentes!
REMATAMOS A XORNADA CON MERENDAS MOUNSTRUOSAS NAS AULAS...E ASI DE"LIBERADOS" DOS NOSOS MEDOS...
(SE PREMEDES NAS IMAXES PODERÉDELAS VER MÁIS GRANDES)
QUEREMOS AGRADECER A TÓDALAS FAMILIAS A SÚA GRAN AXUDA PARA QUE ISTO FOSE POSIBLE, A SEMPRE COLABORACIÓN DA ANPA E OUTRAS AMIZADES, E A ASISTENCIA DA CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN DO CONCELLO DE VIGO,OLGA ALONSO,QUE ACCEDEU A COMPARTIR CONNOSCO ESTE DÍA
MOITAS GRAZAS!
UN ANO MÁIS APOSTAMOS POR VIVENCIAR OS MEDOS E OUTRAS EMOCIÓNS, COMO VIÑEMOS FACENDO TODOS ESTES ANOS...SEMPRE CON ILUSIÓN E CON ÁNIMO DE ESPERTAR CORAZÓNS...
OLLADE ANTIGUOS ENLACES A CELEBRACIÓNS DE FESTAS DO MEDO DE ANOS ANTERIORES...
SAMAÍN 2012
NON QUEREMOS DESPEDIRNOS SEN ANTES ACONSELLARVOS QUE SE QUEREDES ESPANTAR AS MEIGAS, DEBEDES SEGUIR ESTES CONSELLOS...
- SALTAR 3 VECES A CACHARELA DE SAN XOÁN
-POÑER NAS PORTAS DAS CASAS BASOIRAS DO REVÉS
-LEVAR UN AMULETO: CASTAÑA, GARRA DE FIERA...
NOS VOS ESQUEZADES..!!!
El vídeo del samain de 2015 no se ve.
ResponderEliminar