OS MAIOS , é
unha festa popular de oríxenes ancestrais.
Esta
celebración primaveral tiña antigamente connotacións rituais á divinidade
primaveral.
Chámaselle OS
MAIOS tanto á celebración desta festa coma ás representacións que se fan nela.
Ésta consiste en cantar coplas ou diálogos adicados á primavera e ao seu significado dentro
da comunidade, ainda que en certos lugares tamén se compoñen coplas criticando
ou satirizando a certas persoas o institucións do lugar.
Segundo en
que zona de Galicia vivamos, os maios celébranse de diferentes formas:
Maios do
Norte de Galicia
De maio fai
un neno, que recibe o nome de rei do maio , desfilando coas roupas totalmente
cubertas con flores, hiedras, fiuncho, etc.
Nos cantos
actúa de solista, mentras os esus acompañantes fan de coro, repetindo a estrofa
que él canta.
Maios do Sur
de Galicia
Son os máis
coñecidos.
Son famosos
os de Pontevedra e os de Ourense, pero tamén se celebran en Marín, Vilagarcía
de Arousa, Redondela, Caldas de Reis, Allaríz, Valdeorras e Verín.
Emprégase
unha estructura con forma cónica que se cubre de fiunche e adórnase con flores.
Os asistentes á festa cantan e bailan ao seu redor.
A continuación mostrámosvos a nosa particular
FESTA DOS MAIOS 2015
para a que contamos coa presenza das familias e a colaboración de APAMP, aos que convidamos con moito gusto a desfrutar da nosa compaña neste día. Ademáis, voluntarios/as do concello leron poemas para o público que despois cada clase cantou e bailou.
OLLADE,OLLADE...
MOITAS GRAZAS A TODOS/AS POR COLABORAR: ANPA CASTELAO, VOLUNTARIOS/AS DO CONCELLO, APAMP, FAMILIAS...
No hay comentarios:
Publicar un comentario