EDUCAR...
Educar é o mesmo
que porlle un motor a unha barca.
Hai que medir, pesar, equilibrar,
e pór todo en marcha.
Pero para iso:
Un ten que levar na alma
un pouco de mariño, un pouco de pirata,
un pouco de poeta, sorrisos, agarimos, sorpresas
e un quilo e medio de paciencia concentrada.
Pero é consolador soñar, mentres un traballa,
que nese barco ese neno esa nena: -
irá moi lonxe pola auga.
Gustaríanos soñar que ese navío
levará a nosa carga de palabras, emocions e sentimentos
cara a portos distantes,
ata illas afastadas.
Adaptación do poema de GABRIEL CELAYA, recollido na programación didáctica.
8 DE SETEMBRO DO ANO 2014 ----XUNTANZA DE BENVIDA COAS FAMILIAS
Nota: Ollade este video que nos gustaría compartir con tod@s vos.
Unha pequena reflexión para os que temos a responsabilidae e a sorte de...
“EDUCAR”
* Para poder viualizalo con subtítulos en español, deben pinchar no seguinte enlace:
No hay comentarios:
Publicar un comentario