FONDO

martes, 11 de junio de 2013

¿CÓMO DE FAI...?

VENRES 24 DE MAIO

Viña cheo de preguntas…  ¿ Que imos facer…?  ¿Con que…? 
A proposta empezou no comedor  onde fixemos experimentos con alimentos acompañados de Marisé unha amiga da “Estrela Xela”, que xa tiña  todo preparado cando chegamos.
Coa súa axuda, fumos quen de fabricar   un  riquísimo “xeado máxico”    de chocolate sen  meter na neveira e tamén pintura con  remolacha, espinacas, cebola, lombarda, cenorias …  para facer debuxos.
                     ¡¡¡ FIXEMOS MÁXIA COS ALIMENTOS !!
Despois,  no espazo da biblioteca nos regalou varios videos de  contos  con alimentos e unha guía con “12 experimentos” para nosa biblioteca de aula.
  ¿Cando volves a nosa escola para facer máis experimentos, Marise?
                ¡¡ Gracias pola túa axuda amiga da Estrela Xela!!

"Cantares Galegos"

VENRES 17 DE MAIO.
A NOSA AMIGA, “A ESTRELA XELA”  AGASALLOUNOS PARA CELEBRAR A DATA DAS “LETRAS GALEGAS 2013” CUN FEIXE DE CANTIGAS E POEMAS NAS VOCES DE  GINA  E   DAVID
COS RITMOS DA  SÚA PANDERATA, PANDEIROS E  CO A LATA DE PEMENTÓN  NOS FIXERON LEMBRAR POEMAS DA ROSALIA DE CASTRO E CANTIGAS DE SEMPRE, DAS QUE TAMÉN NOS  CANTAN  OS AVÓS E AVOAS.  PARA REMATAR CANTAMOS E BAILAMOS   “A SAIA DA CAROLINA “  TODOS XUNTOS.
  ¡¡GRACIAS AMIGOS, POLOS POEMAS E CANTIGAS  E RITMOS !!

martes, 4 de junio de 2013

¡¡¡ AHÍ VEN O MAIO 2013 !!!


Ahí ven o maio 
de frores cuberto
puxéronse á porta 
cantándome os nenos
os puchos furados 
para min extendendo
pedíronme crocas 
dos meus castiñeiros…

 
CON ESTE POEMA DE
Curros Enriquez comenzou a
nosa festa do maio do ano 2013”.
As nenas e nenos cantamos as nosas coplas
e tocamos as cunchas para celebrar o maio
que axudamos a adornar con flores e agarimos ,
despois de que nais e pais o cubrirán con fiuncho e outros ramas
como se fai dende fai moitos anos de xeito tradicional.
Para rematar cantamos e bailamos por parellas
a cantiga do grupo malvela “trubisqueira”


Deixamosvos aquí unas fotos da nosa festa dos maio
¡¡¡Estábamos guapisim@s e o maio arrendecía moi ben!!!
¡GRACIAS FAMILIAS POLA VOSAS COLABORACIÓNS!

FOTOS




sábado, 11 de mayo de 2013

!!!CHOCOLATE!!!



CHOCOLATE,
MOLINILLO.
CORRE, CORRE,
QUE TE PILLO
A ESTIRAR, A ESTIRAR
QUE EL  PROYECTO EMPIEZA YA....

Este proxecto foi unha viaxe cheo de  sabores, cores e experiencias que nos levaron a descubrir a variedade e posibilidades que o cacao e as súas variedades en forma de cocholates, bombóns e outras comidas e galdrumadas se pode transformar.
A nosa viaxe polas corredoiras deste fascinante alimento que se saca das sementes do cacao podes ver neste video…








Chocolate branco, chocolate negro,  de froitas e froitos
     chocolate para cociñar pasteis e pizzas e tamén rosquillas
                          chocolate para o frio escorrentar,
                                     chocolate para agasallar,
                                 e unha adiviña para rematar:
CHOCO ME CHAMO DE NOME,
LATE DO MEU CORAZÓN.
SI ADIVIÑAS O MEU NOME
SABRÁS QUE VOU MERENDAR.”


jueves, 9 de mayo de 2013

"OS VENRES DE XELA NO MES DE ABRIL"


CONCERTO DE PRIMAVERA 2013
Para celebrar a chegada da primavera a nos amiga “ A ESTRELA XELA” invitounos a un CONCERTO DE PRIMAVERA” no Conservatorio Elemental de Música da Florida. Contou coa axuda e planificación de David e Felipe, país do nos alumnado e mestres no conservatorio e tamén amigos da Estrela Xela.

Recibimos una colorida invitación acompañada dun poema de Gabriela Mistral para anunciarnos a celebración do concertó.
No concerto soaron o clarinete, a flauta, o piano, a trompa, o fagot, a tuba de varas, a marimba, a batería que nos tocaron varias pezas de Mozart e doutros compositores que escoitamos con moita atención e aplaudimos con ledicia.
Para rematar con varias pezas de percusión corporal que nos regalon varios amigos e amigas do consevatorio que nos sorprenderon e nos animaron a acompañalos.
O alumnado dos grupos de 5 anos tamén tivo ocasión de achegarse os instrumentos o remate do concerto e experimentar cos ritmos e notas musicais.
¡¡¡ Gracias mestres e alumnos do conservatorio polo concerto!!!


7 CONTOS EN VERSO DE ANIMAIS”
7 contos en verso de animais” foi a proposta do seguinte venres da nosa “ AMIGA XELA “ --xirafas, gatos, ratos, galiñas, cabalos, e tamén monas falaban, cantaban e tamén leriaban coas voces de Vanesa e Xabier , pais amigos e colaboradores da “Estrela Xela”
Unha galiña que vai mercado e trae o cestiño moi acugulado…
Un neno que soñaba cun cabalo de cartón…
Un gato que andaba a procura dun rato…
Una galiña e una pomba que viaxaban en bicicleta.
Unha xirafa que precisaba gafas…
Unha mona moi nona que se vestia sempre a última moda...
Unha rá que debaixo da auga estaba a cantar…
E para rematar…
A nosa amiga agasallounos cun libro para a biblioteca da aula cos “7 contos en verso” que estamos a ilustrar.

CONTOS, LERIAS, XOGOS E ENREDOS…
DE RATOS E RATAS”
O venres dia 20 de abril chegou a escola Alfonso para compartir con nos xogos, contos, lerias e outros enredos de ratas e ratos… segundo o encargo que lle fixera a “Estrela Xela” uns días antes.
Foi divertido cantar a cantiga de “Susanita tiene un ratón”, acompañala con palmas e pés, xogar a “Rato que te pilla o Gato”, lembrar o conto da “ Ratiña presumida “ en versión dixital e coñecer o poema de “Quen lle pon o cascabel o gato” creado por Lope de Vega.
Tamén nos leeu o conto “SIETE RATONES CIEGOS” da editorial Ekaré que podedes atopa en internet en versión dixital e que vos recomendamos.
Para rematar nos invitaron a comida da que maís lle gusta os ratos… ¿Adiviñades o que foi…?


¡¡¡Gracias amigas e amigas polos vosos agasallos, vémonos en maio!!! 

viernes, 3 de mayo de 2013

!!!FESTA DOS LIBROS!!! 23 ABRIL

MENSAJE DEL DÍA INTERNACIONAL DEL 2013
Leemos juntos, tú y yo.
Vemos que las letras forman palabras
y las palabras se convierten en libros
que estrechamos en nuestras manos.
Oímos susurros
y ríos bulliciosos en sus páginas,
osos que cantan graciosas melodías a la luna.
Entramos en misteriosos castillos
y de nuestras manos suben hasta las nubes
árboles florecidos. Vemos niñas valientes que vuelan
y niños que atrapan las estrellas.
Leemos juntos, tú y yo, dando vueltas y vueltas,
recorriendo el mundo con la alegría en los libros.
Poema de Pat Mora
Reflexionamos xuntos sobre o mellor xeito de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes, mulleres e nen@s, accedan a ela, mediante a aprendizaxe da lectura e o apoio ao oficio da edición, as librarías, as bibliotecas e as escolas. 
"Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo".
Celebramos o aniversario dos libros recibindo, compartindo  e agasallando unha morea de contos.
  A  nosa amiga “ ESTRELA XELA” agasallounos para celebrar o día do libro coa visita  dun contacontos amigo Xosé Avelino González que con contos, xogos, lerias e enredos nos fixo rir, cantar, xogar e aplaudir a rabiar.  

Gracias polo agasallo.
Para o  seguinte agasallo “A ESTRELA XELA”  falou con varios pais do alumnado
Da man de Sergio, un papá da escola que fixo a dramatización dun “CANTAR DE CEGO” no que nos contou e cantou a “VIDA E AVENTURA DUN LIBRO ANTIGO” que Alberto, outro pai colaborador nos pasou a un gran mural que quedará como recordo do “DIA DO LIBRO  2013  na biblioteca da “ESTRELA XELA”.


E PARA PECHAR...  son os propios nenos e nenas os que  que agasallan os compañeir@s e mestras cos CONTOS que  escribiron, contaron  e ilustraron a súa versión dun conto popular que acontece na devesa na que vive a árbore que teñen apadriñada dende o principio do curso: piñeiro, carballo, eucalipto, nogueira, e tamén...
Click to play this Smilebox slideshow
               ¡¡¡PARABENS amig@s polos vosos contos coloridos e creativos!!!

¡¡¡ Gracias por ser amig@s por agarimar e coidar os libros!!!

viernes, 12 de abril de 2013

OS VENRES DE XELA

                        Cada semana, no mes de marzo, recibimos unha invitación  para visitar a sua biblioteca 
                 e os amig@s da "Estrela Xela" nos agasallaron con
            poemas, lerias, contos, xogos, videos, música...     
O VENRES 1 DE MARZO FOI A DATA DE 
"POEMAS E PIRULETAS"
MOITOS POEMAS CON PIRULETAS
QUE NOS SABEN A MAZÁ, A CEREIXA, A FRESA…
XELA PERDEU NA PRAIA UN POEMA
QUE ATOPARON OS PEIXES NO MAR.
BICOS GRANDES E PEQUENIÑOS DA NOSA AMIGA
QUE NOS SABEN A PIRULETAS E AGARIMOS.


             O DÍA DA MULLER TRABALLADORA FOI O MOMENTO
             "CINCENTA E CINCENTO"

                                       CINCENTA ESTA CONTENTA
                                            VAI O BAILE E PERDE O ZAPATO.
                                              O PRINCIPE CENCENTO ESTÁ CONTENTO,
                                                VAI O BAILE E PERDE OS PANTALÓNS.
                                                  CINCENTA E CINCENTO FAN AS TAREFAS
                                                    PERO RECIBEN UNHA VISITA SORPRESA….


                              E COLORÍN E COLORADO
                                                         OS CONTOS XA ESTÁN REMATADOS
                                                      O VENRES 15 DE MARZO FOI A DATA DE 
                             "A TROMPA SONA"
                                   SOA A TROMPA, SOA ARMONIOSA
TUN,TUN,TAN … TUN,TUN,TAN…
A TROMPA ESTA A SOAR
A MÚSICA DE MOZART …
O CINENOS GUSTA ESCOITAR .
A MUSICA DA TROMPA ESTÁ A SOAR
TUN,TUN,TAN …TUN,TUN,TAN…
O CONTO DE RITA A VOLVORETA VAI ACOMPAÑAR.
UN ELEFANTE AMIGO A TERÁ QUE AXUDAR
TUN,TUN,TAN …TUN,TUN,TAN…
                                                             


                           A ÚLTIMA PROPOSTA DO MES A TITULAMOS
                       "CINE DE OSCAR"
                       A NOSA AMIGA INVITOUNOS O CINE PARA REMATAR O TRIMESTRE.
                       GRAN SORPRESA!!! OLLAMOS DOUS CURTAMETRAXES MOI VIAXEIRAS…



                                     
GRACIAS AMIGA XELA.
                                                     VÉMONOS NOS VENRES DE ABRIL


        Chuches dixitais para disfrutar!!! 
        Tan fácil como copiar e pegar o enlace para saborear
       CONTO DE CENICIENTO: ww.youtube.com/watch?v=4Ac5uJCA14o
       EL POEMA QUE CAYO AL MAR: ww.youtube.com/watch?v=lDeIe9vNtE0