FONDO

miércoles, 25 de noviembre de 2015

CONTINUAMOS DISFRUTANDO COAS NOSAS FESTAS E TRADICIÓNS GALEGAS...


A CASTAÑA NA LAREIRA
A CASTAÑA NA LAREIRA FIXO PUM! E REBENTOU
AI! POBRIÑA DA CASTAÑA 
AI! POBRIÑA DA CASTAÑA 
VAIA GOLPIÑO LEVOU...


DE QUE 2º FESTA GALEGA DESTE ANO PODEMOS ESTAR A FALAR?...DÁDELLE AO PLAY...


DEIXÁMOSVOS TAMÉN ESTE PEQUENO AGASALLO EN FORMA DE RESUMO ELABORADO POR NÓS PARA QUE POIDADES LEMBRAR AS CARACTERÍSTICAS PRINCIPAIS DESTA FESTA

(SE PINCHADES NAS IMAXES PODERÉDELAS VER MÁIS GRANDES)








AGRADECEMOS A ANTONIO, O NOSO CONSERXE, TODA A AXUDA EMPRESTADA PARA DISFRUTAR DO NOSO MAGOSTO; AO IGUAL QUE ÁS FAMILIAS QUE VIÑERON BOTAR UNHA MAN, AOS MEMBROS DA ANPA E OUTROS COLABORADORES QUE SEMPRE ESTÁN PRESENTES PARA TODO

AGARDAMOS CON ILUSIÓN A VINDEIRA CELEBRACIÓN, QUE XA VOS ADIANTAMOS QUE SERÁ MOI... "DOCE"...

jueves, 5 de noviembre de 2015

HABELAS HAILAS...

---Crea tu texto animado---


   Desde o comezo do mes de outubro, historias de terror sobre MEIGAS encheron as nosas aulas e corredores e empaparon aos nenos e nenas da nosa escola...

Durante días estivéronse preparando para realizar unha visita especial chea de medo...de moito medo... 
a..."CASA DAS MEIGAS "


MEIGA é o nome que se da en Galicia á bruxa ou feiticeira.

Contan as lendas que existen meigas de moitos tipos...


AS FEITICEIRAS: SON AQUELAS QUE FAN FEITIZOS E HIPNOTIZAN AOS NENOS/AS

AS VOLADOIRAS:  VOAN FACENDO PIRUETAS COA SÚA BASOIRA

AS CARTUXEIRAS: BOTAN AS CARTAS E PREDIN O FUTURO

AS ASUMCORDAS: SON MEIGAS ESPÍAS

...

A CASA DAS MEIGAS que visitamos estaba chea de cuartos escuros….  No que cabazas eran as únicas que alumeaban os nosos pasos e os choros das meigas  parecían sair das paredes…. e asustar sen parar...

    No percorrido atravesamos complicados pasadizos de teas de araña, atravesamos a habitación de convidados (cheíño dos seus amigos/as que nos asustaban sen descanso), ecoitamos atentos/as historias de meigas, axudámoslle a unha a atopar no trasteiro o seu gorro, gato negro, vasoira e chaves e.... para celebralo bailamos na súa  marchosa e especial  discoteca.

     Visita guiada, na que perdian os medos pouco a pouco polas súas dependencias...

Ollade o video da nosa visita descubride o ben que o pasamos e onde deixamos os nosos  medos...somos uns/unhas valentes!


REMATAMOS A XORNADA CON MERENDAS MOUNSTRUOSAS NAS AULAS...E ASI DE"LIBERADOS" DOS NOSOS MEDOS...
(SE PREMEDES NAS IMAXES PODERÉDELAS VER MÁIS GRANDES)






QUEREMOS AGRADECER A TÓDALAS FAMILIAS A SÚA GRAN AXUDA PARA QUE ISTO FOSE POSIBLE, A SEMPRE COLABORACIÓN DA ANPA E OUTRAS AMIZADES, E A ASISTENCIA DA CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN DO CONCELLO DE VIGO,OLGA ALONSO,QUE ACCEDEU A COMPARTIR CONNOSCO ESTE DÍA

MOITAS GRAZAS!


UN ANO MÁIS APOSTAMOS POR VIVENCIAR OS MEDOS E OUTRAS EMOCIÓNS, COMO VIÑEMOS FACENDO TODOS ESTES ANOS...SEMPRE CON ILUSIÓN E CON ÁNIMO DE ESPERTAR CORAZÓNS...

OLLADE ANTIGUOS ENLACES A CELEBRACIÓNS DE FESTAS DO MEDO DE ANOS ANTERIORES...



SAMAÍN 2012

NON QUEREMOS DESPEDIRNOS SEN ANTES ACONSELLARVOS QUE SE QUEREDES ESPANTAR AS MEIGAS, DEBEDES SEGUIR ESTES CONSELLOS...

- SALTAR 3 VECES A CACHARELA DE SAN XOÁN
-POÑER NAS PORTAS DAS CASAS BASOIRAS DO REVÉS
-LEVAR UN AMULETO: CASTAÑA, GARRA DE FIERA...

NOS VOS ESQUEZADES..!!!