FONDO

domingo, 30 de junio de 2013

MOMENTO DE DESPEDIDAS

                     Rematado o curso queremos desexarvos unhas felices vacacións!!!
                       Moscas e Formigas disfrutade da nova etapa que vades a vivir,
                    confiamos en que será toda unha aventura, nesta escola deixastes
                    moitas pegadas que perdurarán nos nosos corazóns,
                    e no noso muro quedará por moito tempo a
                    vosa arte e creatividade.





  Vémonos o mércores 11 de septembro, mentras tanto sede felices!!!

viernes, 28 de junio de 2013

Nos últimos días

NOS ÚLTIMOS DIAS...
CONSULTANDO UN DIARIO NO OBRADOIRO DE INGLÉS ,
OS GRUPOS DAS “FORMIGAS” E DAS “ MOSCAS”, PREGÚNTAMONOS:
-- ¿ COMO PODRÍAMOS VIAXAR A GRAN BRETAÑA PARA COÑECER O PAIS…?
EMPEZAMOS A BUSCAR INFORMACIÓN EN DIVERSAS FONTES ,
E FOMOS QUEN DE FACER UNHA VIAXE VIRTUAL.

PICAR NO VIDEO E ACOMPÁÑARNOS NA NOSA VIAXE....

¡¡¡ SERÁ COMO IR DE VACACIÓNS SEN SAIR DA CASA!!!





viernes, 21 de junio de 2013

¡¡ VIAXAMOS A LÚA!!




NESTA VIAXE PUIDEMOS DISFRUTAR
DE EXPERIENCIAS TAN DIVERTIDAS COMO…
CREAR UN OBSERVATORIO DE ESTRELAS,
VIAXAR EN NAVES ESPACIAIS
PARA TRAER UN ANAQUIÑO DE LÚA.
DESCUBRIMOS NAVES, SATÉLITES, PLANETAS, ESTRELAS,
GALAXIAS  E AS CARAS  DA LÚA .

¡¡ATA RECIBIMOS A VISITA DUN “EXTRATERRESTRE”!!

                 ¡¡¡ VIAXA  CONNOSCO  ATA A LÚA !!! 


martes, 11 de junio de 2013

¡TODO EL MUNDO VA...!

VENRES 31 DE MAIO.

Cando recibimos a invitación para ir a biblioteca o venres 31 de maio  pensamos que a  “ESTRELA XELA”  nos viria visitar antes de marchar de vacacións, pero no…
 Emiliano, un papá   amigo da “ESTRELA XELA”  chegou correndo cunha caixa chea de libros.  Empezou a sacalos da caixa  e “SORPRESA”,   xa os títulos nos fixeron rir… ¡¡a gargalladas!!
“ LA CACA MAGICA”  “TODOS HACEMOS PIPI”  “EL TOPO QUERIA SABER QUIEN LA HABIA CAGALO EN LA CABEZA…”,  “EL LIBRO DE LOS CULOS” , ¡ TODOS VAN…!    “¡¡CACA!!”
         ¡¡¡ QUE DIVERTIDO!!! , HOXE OS CONTOS ERAN DE …
        “CACA, CULO, PEDO , PIS”
Escoitamos, rímonos, plaudimos, cantamos e lembrámonos de cando éramos  pequenos e tamén fixemos novos e interesantes descubrimentos sobre o cú,  a caca e o pis,   “XA QUE…”
        ¡ TODOS VAN…!   ¡¡¡ TODOS VAMOS…!!!  grandes e pequenos.
  Gracias amigas e amigos da  “ Estrela Xela” por este agasallo de despedida, vémonos no vineiro outono  cunha morea de contos, lerias, xogos e enredos na túa BIBLIOTECA.
Cantiga da toupiña.

 


¿CÓMO DE FAI...?

VENRES 24 DE MAIO

Viña cheo de preguntas…  ¿ Que imos facer…?  ¿Con que…? 
A proposta empezou no comedor  onde fixemos experimentos con alimentos acompañados de Marisé unha amiga da “Estrela Xela”, que xa tiña  todo preparado cando chegamos.
Coa súa axuda, fumos quen de fabricar   un  riquísimo “xeado máxico”    de chocolate sen  meter na neveira e tamén pintura con  remolacha, espinacas, cebola, lombarda, cenorias …  para facer debuxos.
                     ¡¡¡ FIXEMOS MÁXIA COS ALIMENTOS !!
Despois,  no espazo da biblioteca nos regalou varios videos de  contos  con alimentos e unha guía con “12 experimentos” para nosa biblioteca de aula.
  ¿Cando volves a nosa escola para facer máis experimentos, Marise?
                ¡¡ Gracias pola túa axuda amiga da Estrela Xela!!

"Cantares Galegos"

VENRES 17 DE MAIO.
A NOSA AMIGA, “A ESTRELA XELA”  AGASALLOUNOS PARA CELEBRAR A DATA DAS “LETRAS GALEGAS 2013” CUN FEIXE DE CANTIGAS E POEMAS NAS VOCES DE  GINA  E   DAVID
COS RITMOS DA  SÚA PANDERATA, PANDEIROS E  CO A LATA DE PEMENTÓN  NOS FIXERON LEMBRAR POEMAS DA ROSALIA DE CASTRO E CANTIGAS DE SEMPRE, DAS QUE TAMÉN NOS  CANTAN  OS AVÓS E AVOAS.  PARA REMATAR CANTAMOS E BAILAMOS   “A SAIA DA CAROLINA “  TODOS XUNTOS.
  ¡¡GRACIAS AMIGOS, POLOS POEMAS E CANTIGAS  E RITMOS !!

martes, 4 de junio de 2013

¡¡¡ AHÍ VEN O MAIO 2013 !!!


Ahí ven o maio 
de frores cuberto
puxéronse á porta 
cantándome os nenos
os puchos furados 
para min extendendo
pedíronme crocas 
dos meus castiñeiros…

 
CON ESTE POEMA DE
Curros Enriquez comenzou a
nosa festa do maio do ano 2013”.
As nenas e nenos cantamos as nosas coplas
e tocamos as cunchas para celebrar o maio
que axudamos a adornar con flores e agarimos ,
despois de que nais e pais o cubrirán con fiuncho e outros ramas
como se fai dende fai moitos anos de xeito tradicional.
Para rematar cantamos e bailamos por parellas
a cantiga do grupo malvela “trubisqueira”


Deixamosvos aquí unas fotos da nosa festa dos maio
¡¡¡Estábamos guapisim@s e o maio arrendecía moi ben!!!
¡GRACIAS FAMILIAS POLA VOSAS COLABORACIÓNS!

FOTOS