FONDO

viernes, 24 de junio de 2011

!!!EXPERIMENTANDO COAS CORES!!! AULA MULTISENSORIAL

APROVEITANDO QUE NO CENTRO ESTÁBASE A TRABALLAR
OS PROXECTOS DOS PINTORES, 
NÓS DECIDIMOS 
QUE TAMÉN QUERÍAMOS FACER UN PROXECTO DE ARTE
O CAL LLE CHAMAMOS...
"EXPERIMENTANDO COAS CORES"
OBSERVAMOS AS SÚAS DIFERENTES TONALIDADES, 
EXPLORÁMOLAS A PARTIR DUNHA VARIEDADE DE PINTURAS, PAPEIS, E OUTROS MATERIAIS, 
CREAMOS OBXECTOS SINXELOS PARA TRABALLALAS,
XOGAMOS COA LUZ E A OSCURIDADE...

"CREO EN TI, COMO SÉ QUE PUEDES TE EXIJO,
PERO COMO SÉ QUE TE CUESTA ESFUERZO, 
TE LO RECONOZCO"
                                             ISABEL ORJALES



                                                                             

lunes, 20 de junio de 2011

"O MARABILLOSO MUNDO DOS IMÁNS"

   
"A  MAXIA FORMA PARTE DA NOSA ESCOLA E NON HAI NADA MAIS MÁXICO QUE A FORZA QUE EXERCEN OS IMÁNS SOBRE OUTROS MATERIAIS. 
PARTINDO DE PREGUNTAS TALES COMO:
       ¿ONDE SE PEGAN...? 
           ¿ONDE ATOPAMOS IMÁNS...? 
                ¿PODEMOS FACER XOGOS CON ELES...?
... E PUXEMOS EN MARCHA ESTE PROXECTO.





domingo, 5 de junio de 2011

"ATA A VOLTA ESTRELA XELA"

 
                   
Na biblioteca da nosa amiga  “ESTRELA XELA” podemos a cotío mergullarnos nenas, nenos e maiores por terra mar e aire da man  da nosa amiga…

 Nun mar de libros e lerias
   nun ceo de poemas e historias
       nun mar de cantigas e enredos
         nunha fraga de palabras e agarimos
            nun ceo estrelado de sorpresas,
               nunha coba de apretas e agarimos
                  nun mar de teatro,contos e cine,
                     nun xardín de contos e adiviñas
                      nun viaxar polos mares da tecnoloxía,
                     e tamén polo arco da vella  da imaxinación,                  

A lectura é coma un “bicho” que se mete no corpo e nos pode contaxiar a todas  e a todos. Nalgunhas ocasións mergullandonos nos libros, nos contos, nas historias ... para de xeito irrevesible quedarmos contaxiados. Polo que, unha vez contaxiados por  este “bicho” xa non existe remedio que o cure, xa somos ESTRELAS DE MAR, DE TERRA E TAMÉN DO CEO...  e temos carnet da biblioteca.
O  mellor vieiro de contaxio e por via materna-paterna e polos avós e avoas, irmás e amizades.  Xuntos andamos a procura de orientar e animar as familias dende o “CLUB DA LECTURA DA ESTRELA XELA”  para compartir e viaxar polos libros e tempos de faladeira.
                                         
A biblioteca da “ESTRELA XELA” remata a súa andaina ata setembro xa que, “XELA” a nosa estrela “AMIGA”, vai marchar de vacacións,  e tamén irá visitar feiras do libro, coñecer novas bibliotecas e mercar algunhas novedades nas editoriais e librerias.
  Para despedirnos quer agasallarnos con algunhas fotos das actividades da súa biblioteca neste curso escolar 2010-11 e tamén facernos algunhas suxestións para o verán, e invitarnos a mergullarnos por mar, terra e aire  entre libros e contos alí onde estemos de vacacións.  ¡ Bo verán con moitos libros e contos ! 



ENLACES de  EDITORIAIS:

http://www.editorialkokinos.com/catalogo/colecciones/  Editorial kokinos

http://www.oqo.es/editora/es  Editorial OQO 

http://www.pintar-pintar.com/   Editorial Pintar y Pintar




FEIRAS DO LIBRO EN VIGO E CONTORNO, nos meses de xullo e agosto

Feira do libro de Vigo en Xullo
Feira do libro de Pontevedra



                                        

viernes, 3 de junio de 2011

Animais mariños

    Recibimos unha sorpresa a través do noso correo da aula, "a autoridade portuaria" invitávanos a coñecer o noso porto!!!.
    Falamos, investigamos e pedimos axuda ás familias para elaborar unha lista sobre os animais que atoparíamos: polbos, golfiños, quenllas, fanecas, centolos, ameixas, navallas...tamén barcos, camións e moita xente traballando.
    Chegou o gran día!!!... puxémonos moi elegantes para a ocasión cos chalecos reflectantes, obrigatorios para visitalas instalacións.
     Percorrimos a lonxa de altura, de baixura e unha cetárea.
     De volta na escola,  ó longo de varias sesións vimos tódalas fotos e cada cativ@ escolleu  o seu animal mariño preferido, aínda que non se atopara no porto cando fixemos a visita.
     Coa axuda das familias mergullámonos nun mar de informacións e fomos pasiño a pasiño elaborando murais, posters... trouxemos videos, fotos...
     Puxémonos de acordo coa axuda da mestra para elaborar "un calendario de conferencias" xa que seríamos conferenciantes por un día para o resto dos nos@s amigos/as.   

     Preparamos unha mesa con teas, coa esfera do mundo, pedimos un micrófono da aula das Tic, elaboramos os nosos carteis de conferenciantes, xa organizados empezamos a  contarlle aos nos@s compañeir@s os nosos descubrimentos e tamén curiosidades,...nese lugar tan especial da aula  adicado a investigación.  
     Ollade no video o ben que realizamos o noso rol de conferenciantes!!!
     Con tódolos datos, elaboramos días despois, o caderno viaxeiro "Os animais mariños" que foi de visita  polos fogares.
     Tamén compartimos cos compañeir@s doutras aulas as nosas investigacións, foi emocionante!!!

 
Como remate do proxecto decoramos as paredes do noso baño coa silueta do noso animal mariño.

 Moitas grazas, foi un traballo en equipo moi productivo!!!