FONDO

jueves, 28 de abril de 2011

A NOSA FESTA DOS MAIOS 2011


Este é o noso berro do maio 2011...

"LEVÁNTATE MAIO
QUE TANTO DURMICHES
CHEGOU O CUCO
E TI NON O VICHES"










A unha, as dúas, as tres
o noso maio sube, baixa
móvese para adiante e para atrás
da tres voltas e ponse no chan.


Coa axuda de nais e pais vestimos o maio
con fiuncho, flores e remallos
!Que fermoso nos quedou!

Xuntos cantámoslle o noso maio,
un poema do gran " Curros Enriquez"
Xuntos bailamoslle o noso maio
enredos e coplas rimadas e por nós inventadas.
Todos a unha tocamoslle as cunchas,
e aplaudímoslle con moito agarimo.

Nenos e nenas, nais e pais e outras amizades
engalanados para a ocasión con flores e puchos
a festa dos maios fomos quen de celebrar.
Coa cantiga do "PIRIMPIMPIM",
todos xuntos cantamos e bailamos sen parar.
"A FESTA DO MAIO 2011" vai rematar...

!O vindeiro ano, outra "FESTA DOS MAIOS" imos celebrar!